Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Luns, 14 de outubro de 2002 Páx. 14.665

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2002 pola que se nomea catedrático de universidade da área de coñecemento de microbioloxía (Lugo), do departamento de Microbioloxía e Parasitoloxía, a Enrique Antonio González García (praza 1868/2001).

De conformidade coa proposta elevada pola comisión constituída para xulga-lo concurso, convocado por resolución desta universidade do 17 de agosto de 2001 (BOE do 13 de setembro), para a provisión da praza de catedrático de universidade da área de coñecemento de microbioloxía (Lugo), do departamento de Microbioloxía e Parasitoloxía, a Enrique Antonio González García, e tendo en conta que o interesado cumpre os requisitos ós que alude o punto 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Enrique Antonio González García catedrático de universidade da área de coñecemento de microbioloxía (Lugo), do departamento de Microbioloxía e Parasitoloxía da Universidade de Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2002.

Senén Barro Ameneiro

Rector da Universidade de Santiago de Compostela