Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Venres, 11 de outubro de 2002 Páx. 14.633

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 4 de outubro de 2002, da Secretaría Xeral da Consellería de Asuntos Sociais, pola que se anuncia concurso público para a contratación dun servicio para a realización dunha campaña publicitaria de difusión do teléfono do maior.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Asuntos Sociais.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: realización dunha campaña publicitaria de difusión do teléfono do maior.

c) Prazo de execución: ata o 31-12-2002.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación ou canon de explotación. Importe total: 90.000 euros (IVE incluído).

5. Garantía provisional: 1.800 euros.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Secretaría Xeral da Consellería de Asuntos Sociais.

b) Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

c) Localidade e código postal: 15781-Santiago de Compostela.

d) Teléfono: 981 54 56 50.

e) Fax: 981 54 69 69.

7. Requisitos específicos do contratista. Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional:

Ver números 13 e 14 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: ás 14 horas do décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ó de publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que integrará as ofertas: a sinalada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1. Entidade: rexistro xeral da Consellería de Asuntos Sociais.

2. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela.

9. Apertura de ofertas:

a) Entidade: Secretaría Xeral da Consellería de Asuntos Sociais.

b) Domicilio: Sala de Xuntas.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o décimo primeiro día natural seguinte ó de finalización de presentación de ofertas; se coincide en sábado ou festivo, a apertura terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

e) Hora: 9 horas.

10. Gastos dos anuncios: o pagamento do presente anuncio será por conta do adxudicatario do contrato.

11. Portal informático ou páxina web onde figuran as informacións relativas á convocatoria ou onde poden obterse os pregos: www.xunta.es/contratación.

Santiago de Compostela, 4 de outubro de 2002.

Miguel Rodríguez Barrio

Secretario xeral da Consellería de Asuntos Sociais