Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Venres, 11 de outubro de 2002 Páx. 14.632

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

CÉDULA do 13 de setembro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica resolución de expediente sancionador incoado por infracción administrativa na orde social (291/2002).

Intentada a notificación persoal e devoltas polo servicio de correos ó resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, por esta cédula notifícaselles ás empresas que se relacionan as resolucións na orde social correspondente.

Empresa: Onil Galicia, S.L.

Domicilio: Bélgica, 17-2ºC Monte Porreiro.

Localidade: 36162 Pontevedra.

Número expediente: 291/2002, 432/2002 (AI).

Data resolución delegación provincial: 2-9-2002.

Precepto infrinxido: artigo 50 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Precepto sancionador: artigo 50 e 40.1º do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Resolución: anulación acta.

Fáiselles saber ós interesados que poden formular recurso de alzada, perante o director xeral de Relacións Laborais, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación, de acordo co previsto no artigo 114 e seguinte da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Vigo, 13 de setembro de 2002.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra