Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Venres, 11 de outubro de 2002 Páx. 14.633

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 7 de outubro de 2002 pola que se anuncia concurso aberto para a selección dunha oferta para a tramitación da concesión administrativa dunha parcela de dominio público portuario para a construcción dunha nave para usos portuarios no porto de Meloxo. (Expediente 13-09-02-C-1).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: ente público Portos de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: área de explotación e planificación.

c) Número do expediente: clave 13-09-02-C-1.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: o obxecto do concurso é a selección dunha oferta para o outorgamento dunha concesión de ocupación de dominio público portuario para a construcción dunha nave para usos portuarios no porto de Meloxo.

b) Lugar da concesión: Meloxo (O Grove-Pontevedra).

c) Prazo da concesión: quince (15) anos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Canon de explotación.

Importe total: o especificado no prego de bases.

5. Garantías.

Provisional: o 2 por cento do orzamento das obras.

Definitiva: a especificada no prego de bases.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: ente público Portos de Galicia.

b) Domicilio: Praza de Europa 5 A-6º (Área Central).

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela-15707.

d) Teléfono: 981 54 45 02.

e) Telefax: 981 54 52 02.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

g) Enderezo na internet: http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=1801.

7. Requisitos específicos do solicitante.

8. Presentación de ofertas e das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de proposicións rematará ás catorce horas do cuadraxésimo quinto día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de que ese día coincida en sábado ou festivo o prazo de admisión das proposicións rematará ás catorce horas do día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: segundo o indicado no prego de bases.

c) Lugar de presentación:

Entidade: ente público Portos de Galicia.

Domicilio: Praza de Europa 5 A-6º (Área Central).

Localidade e código postal: Santiago de Compostela-15707.

d) Prazo durante o que el licitador queda obrigado a mante-la súa oferta: corenta e cinco (45) días desde a apertura das proposicións.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: ente público Portos de Galicia.

b) Domicilio: Praza de Europa 5 A-6º (Área Central).

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela-15707.

d) Data: o décimo día natural seguinte ó do remate do prazo de presentación de ofertas. No caso de que ese día coincida en sábado ou festivo, a apertura realizarase o día hábil seguinte.

e) Hora: 9 horas.

10. Outras informacións.

11. Gastos dos anuncios: este anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 7 de outubro de 2002.

Emilio García Gallego

Presidente do ente público Portos de Galicia