Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Venres, 11 de outubro de 2002 Páx. 14.631

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 17 de setembro de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai pública a resolución dos expedientes sancionadores na orde social (264/2002 e tres máis).

Non sendo atopados nos enderezos coñecidos por esta delegación provincial os titulares das empresas que se indican a continuación, resolvo notificar por este medio, ó amparo do artigo 59.5º da Lei 30/1992, que foi dictada resolución en relación co seu expediente sancionador, informándoos de que no prazo dun (1) mes, contado a partir do día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, poden interpoñer recurso de alzada perante o director xeral de Relacións Laborais, segundo o disposto no artigo 114 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (Lei 30/1992, do 26 de novembro), advertíndoos que, de non ser interposto en tempo e forma, disporán dun mes de prazo para aboa-la multa, mediante a necesaria utilización do impreso, que poderán solicitar na propia Delegación Provincial da Coruña. Noutro caso, procederase á exacción pola vía executiva nos termos previstos no artigo 3 da orde da Consellería de Economía e Facenda do 22-5-1987.

Expediente nº: 264/2002.

Acta nº: 338/2001.

Titular: Cnes. y Reformas Tino, S.L.

DNI/NIF: B-15704299.

Enderezo: praza do Concello, P-3, nº 5-1 G. Bertamiráns (Ames).

Materia: seguridade e hixiene.

Data resolución: 7-8-2002.

Resolución: sanción por importe de 1.502,54 A.

Feitos: visitada a obra de construcción sita en Piñeiro-Roxos, comprobouse que os traballadores realizaban tarefas nun andamio a uns 5 metros de altura, carecendo de varandas e de cintos de seguridade.

Vulnéranse os arts. 14.2º e 15.1º a), c), h) e 17.2º da Lei de prevención de riscos laborais; arts. 1 e 11 e anexo IV parte C-pto. 3 a) b)-do R.D. 1627/1997, do 24 de outubro.

Tipificación: falta grave en grao mínimo, tipificada e sancionable de acordo cos arts. 12.16º f) e 39.1º e 3º a), respectivamente, do R.D.L. 5/2000, do 4 de agosto.

Expediente nº: 459/2002.

Acta nº: 495/2002.

Titular: Geseco, S.L.

DNI/NIF: B-36019479.

Enderezo: Calvo Sotelo, nº 21. Padrón.

Materia: traballo.

Data resolución: 2-8-2002.

Resolución: sanción por importe de 600 A.

Feitos: examinada a documentación laboral e de Seguridade Social da empresa e consultados os arquivos informáticos da Seguridade Social, constatouse que o salario base diario e o complemento de asistencia de dous traballadores da empresa de referencia é moi por debaixo do que establece o convenio colectivo de aplicación.

Vulnéranse os arts. 3.1º b) e 4.2º f), 26.3º, 82.3º e 85 do R.D.L. 1/1995, do 24 de marzo.

Tipificación: falta grave en grao mínimo, tipificada e sancionable de acordo cos arts. 7.10º e 39, respectivamente, do R.D.L. 5/2000, do 4 de agosto.

Expediente nº: 481/2002.

Acta nº: 291/2002 (II)-resp. solidario.

Titular: Gel Betong España, S.L.

DNI/NIF: B-15213184.

Enderezo: Cabo Santiago Gómez, 8-11. A Coruña.

Materia: seguridade e hixiene.

Data resolución: 13-8-2002.

Resolución: sanción por importe de 1.752,54 A.

Feitos: en virtude de accidente laboral no IES Anxo Casal (A Coruña), comprobouse que na dita obra de construcción non se tiñan adoptado as medidas de seguridade necesarias para evita-lo risco de caída (carecía de plataformas e o cinto de seguridade tiña unha corda de lonxitude superior á altura da que caeu o traballador) e tampouco dispoñía de planificación preventiva dos traballos.

Vulnéranse os arts. 14, 15 e 16 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, e arts. 7 e 11 do R.D. 1627/1997, do 24 de outubro.

Tipificación: aprécianse dúas faltas, unha leve en grao mínimo e outra grave en grao mínimo, tipificadas e sancionables de acordo cos arts. 11.4º, 12.6º e 39 e 40, respectivamente, do R.D.L. 5/2000, do 4 de agosto.

Expediente nº: 633/2002.

Acta nº: 219/2002.

Titular: Hermanos Moraes, S.L.

DNI/NIF: A-15087836.

Enderezo: Páramo, 35 baixo. A Coruña.

Materia: traballo.

Data resolución: 30-8-2002.

Resolución: declárase a caducidade do expediente.

Feitos: que con data do 3-12-2001 e 16-1-2002 non se lle permitiu ó inspector actuante a obtención de información referida ó accidente de Enrique Caridad, pese a terse requirido tamén na folla nº 1 do libro de visitas. A empresa non achegou a documentación nin xustificou o comportamento obstructivo ó labor inspector.

Vulnérase o art. 50.2º do R.D.L. 5/2000, do 4 de agosto.

Tipificación: apréciase unha falta grave en grao mínimo, tipificada e sancionable de acordo cos arts. 50.2º e 39.1º, 2º e 40.1º, respectivamente, do R.D.L. 5/2000, do 4 de agosto.

A Coruña, 17 de setembro de 2002.

Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña