Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Venres, 11 de outubro de 2002 Páx. 14.630

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 16 de setembro de 2002, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se notifican as resolucións de imposición de sancións relativas ós expedientes sancionadores en materia de espectáculos públicos OU-E-44 e 45/2002.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que se relacionan a continuación as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores por infracción á Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, sobre protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación por correo certificado.

Número de expediente: OU-E-44/2002.

Denunciado: Elías José Iglesias Outomuto.

DNI: 34979112.

Enderezo: r/ Remedios, 9, baixo (Ourense).

Establecemento: Discoteca C.P.-r/ Remedios, 9 baixo, de Ourense.

Precepto infrinxido: artigo 26.e), da Lei 1/1992, do 21 de febreiro, sobre protección da seguridade cidadá.

Importe da sanción: 60 euros.

Número de expediente: OU-E-45/2002.

Denunciado: Elías José Iglesias Outomuto.

DNI: 34979112.

Enderezo: r/ Remedios, 9 baixo (Ourense).

Establecemento: Discoteca C.P.-r/ Remedios, 9, baixo de Ourense.

Precepto infrinxido: artigo 26.e), da Lei 1/1992, do 21 de febreiro, sobre protección da seguridade cidadá.

Importe da sanción: 120 euros.

O importe da sanción farase efectivo en calquera entidade bancaria, na conta restrinxida de recadación de multas e sancións en Caixanova Recadación Xunta modelo XTAX, ou na cta. contable 840 código 001 de Caixa Galicia, no prazo de quince días hábiles contados a partir do día seguinte a aquel no que esta resolución sexa executiva. Para efectua-lo ingreso deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados na oficina desta Delegación Provincial, sita en avda. Habana, 79-2ª esquerda, en Ourense. Transcorrido o citado prazo cobrarase pola vía administrativa de constrinximento, de conformidade co establecido na disposición 2ª da orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG do 5 de decembro).

Non obstante o anterior, e de conformidade co disposto no artigo 114 e concordantes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada perante o conselleiro de Xustiza, Interior

e Relacións Laborais, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para tódolos efectos regulamentarios.

Ourense, 16 de setembro de 2002.

José Lage Lage

Delegado provincial de Ourense