Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Venres, 11 de outubro de 2002 Páx. 14.630

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 4 de outubro de 2002 pola que se anuncia a contratación, polo procedemento aberto e trámite de urxencia e mediante concurso, do Centro Itinerante de Formación Activa en Materia Turística 2002-2003.

A Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anuncia-la contratación polo procedemento aberto e trámite de urxencia, mediante concurso, do Centro Itinerante de Formación Activa en Materia Turística 2002-2003.

Orzamento de licitación: cento dezanove mil cincocentos euros (119.500 A), no que se inclúe todo tipo de gastos así como tódalas taxas e impostos.

Prazo de execución: desde a sinatura do contrato ata o 30 de xullo do ano 2003.

Garantía provisional: non se esixe.

Clasificación: non se require.

Exposición dos pregos: os pregos de cláusulas administrativas e de prescricións técnicas que rexen na contratación atópanse ó dispor dos interesados no Servicio de Formación, Cooperación Institucional e Documentación da Dirección Xeral de Turismo da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, así como nas súas delegacións provinciais.

Prazo de presentación de proposicións: as proposicións faranse nun prazo non superior a 8 días naturais contados desde o seguinte á publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia e con estricta suxeición ó modelo que figura como anexo I ó prego de cláusulas administrativas.

Lugar e presentación de proposicións: no rexistro auxiliar da Dirección Xeral de Turismo (praza de Mazarelos, 15- Santiago de Compostela), consonte o determinado na cláusula 3.2.4 do prego de cláusulas administrativas que rexe a contratación. Así mesmo, será posible a presentación de ofertas consonte o artigo 80 de Regulamento xeral de contratación do Estado.

Documentos que teñen que presenta-los licitadores: os determinadas na cláusula 3.2.4. do prego de cláusulas administrativas que rexe a contratación.

Lugar e data de apertura de proposicións: na sala de xuntas da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, pola mesa de contratación, e ás 11 horas do quinto día hábil seguinte ó do remate do prazo de adminisión de solicitudes.

O importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 4 de outubro de 2002.

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación Social

e Turismo

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS

LABORAIS