Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Xoves, 10 de outubro de 2002 Páx. 14.594

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MARÍN

ANUNCIO.

Por resolución da alcaldía con data do 26-9-2002 apróbase inicialmente o proxecto de apertura e urbanización da rúa do Colexio de Nuestra Señora de la Inmaculada en Marín, visado o día 24-4-2001, cun orzamento de 219.896,62 euros, que contén a modificación do aprobado inicialmente con data do 4-6-2001, someténdose a información pública durante o prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, período no que se poderán presentar alegacións e suxestións no Concello de Marín no mesmo horario de consulta.

O expediente pode ser consultado nas oficinas da Secretaría Xeral do Concello de Marín, de luns a venres en horario de 8 a 14 horas, e os sábados de 9 a 13 horas.

Marín, 26 de setembro de 2002.

Francisco A. Santiago Fernández

Alcalde-presidente