Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Xoves, 10 de outubro de 2002 Páx. 14.594

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LAXE

ANUNCIO.

Resolución do 30 de setembro de 2002 do alcalde do Concello de Laxe (A Coruña), pola que se anuncia a oferta de emprego público para 2002.

Provincia: A Coruña.

Corporación: Laxe.

Número de código territorial: 15040.

Oferta de emprego público correspondente ó exercicio de 2002, aprobada por resolución da alcaldía nº 476/2002, do 30 de setembro.

Funcionarios de carreira.

Grupo segundo artigo 25 da Lei 30/1984: B Clasificación: escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnicos medios. Número de vacantes: unha. Denominación: bibliotecario-arquiveiro.

A praza está dotada orzamentariamente e incluída no cadro de persoal e relación de postos de traballo deste concello (o orzamento municipal foi aprobado definitivamente en sesión celebrada o 31 de maio de 2002 e cadro de persoal e relación de postos de traballo en sesión celebrada o 26 de abril de 2002, que foi logo elevado a definitiva. Tanto o orzamento resumido a nivel de capítulos como o cadro de persoal foron publicados no BOP número 128, do 6 de xuño pasado).

Laxe, 1 de outubro de 2002.

Manuel Varela Mariño

Secretario

Visto e prace

Antonio Carracedo Sacedón

Alcalde