Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Xoves, 10 de outubro de 2002 Páx. 14.593

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FOZ

ANUNCIO.

Aprobado polo Concello Pleno, en sesión ordinaria do 27 de setembro de 2002, o prego de cláusulas administrativas particulares reguladoras da contratación por concurso aberto e tramitación urxente da obra de pavimentación das rúas peonís: camiño de Perico, rúa Escura e rúa Viela, exponse ó público polo prazo de oito días hábiles contados a partir da publicación deste anuncio, para os efectos previstos no artigo 122.1º do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril.

Igualmente, e ó amparo do disposto no artigo 122.2º do citado texto legal, anúnciase simultaneamente co citado prego a licitación da seguinte obra:

1. Entidade adxudicadora: Concello de Foz.

2. Obxecto do contrato: execución da obra de pavimentación das rúas peonís: camiño de Perico, rúa Escura e rúa Viela.

3. Tramitación: urxente.

4. Procedemento: aberto.

5. Forma: concurso.

6. Tipo de licitación: 88.847,88 A.

7. Financiamento.

1ª anualidade: ano 2002; partida 511.611 cun importe de 31.705,03 A.

2ª anualidade: ano 2003; partida 511.611 cun importe de 14.285,71 A.

3ª anualidade: ano 2004; partida 511.611 cun importe de 42.857,14 A.

8. Prazo de execución: 12 meses.

9. Clasificación do contratista: non se esixe.

10. Lugar e prazo para presentación de ofertas: rexistro xeral do Concello de Foz, entre as 9 e as 14 horas, en tres sobres pechados asinados polo licitador ou persoa que o represente, coa documentación e requisitos esixidos na cláusula 13, dentro do prazo dos trece días naturais (13) seguintes ó da publicación do anuncio ó que se refire a cláusula 11 no Diario Oficial de Galicia.

11. Fianza provisional: 1.776,95 A, equivalente ó 2% do tipo de licitación.

12. Fianza definitiva: o 4% do importe da adxudicación.

13. Apertura de plicas: no salón de sesións da Casa do Concello de Foz, ás 12 horas do seguinte día hábil ó do remate do prazo de presentación de proposicións.

Foz, 2 de outubro de 2002.

José María García Rivera

Alcalde