Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Xoves, 10 de outubro de 2002 Páx. 14.593

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 11 de setembro de 2002, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso público para a construcción da ampliación do bloque cirúrxico obstétrico do Hospital Comarcal de Monforte de Lemos (Lugo) mediante procedemento aberto e trámite de urxencia.

Advertido erro na resolución, publicada no DOG número 191, do xoves 3 de outubro de 2002, cómpre efectua-la seguinte corrección:

Onde di: «-Prazo de presentación de proposicións: deberán presentarse en man, no rexistro xeral da Consellería de Sanidade/Sergas, ou nas direccións provinciais correspondentes, ata o décimo terceiro día natural a partir do seguinte ó da publicación do concurso no Diario Oficial de Galicia ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

-Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación nas dependencias da División de Recursos Económicos, a partir das 9 horas do décimo primeiro día natural seguinte ó peche do prazo de admisión de ofertas.

Debe dicir: «Prazo de presentación de proposicións: deberán presentarse en man, no rexistro xeral da Consellería de Sanidade/Sergas, ou nas direccións provinciais correspondentes, ata o día 8 de novembro de 2002, ou por correo na forma indicada no artigo 80 do regulamento xeral da Ley de contratos das administracións públicas.

-Apertura de proposición: será realizada pola mesa de contratación nas dependencias da División de Recursos Económicos, a partir das 9 horas do día 19 de novembro de 2002.