Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Xoves, 10 de outubro de 2002 Páx. 14.594

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (1568/2002).

Anúnciase que a Comisión Municipal de Goberno, en sesión ordinaria con data do 26 de setembro de 2002, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Aprobar inicialmente o proxecto de urbanización da zona-1 do SU-48, por instancia de Ramón Madriñán Rodríguez, en representación de Inmobiliaria del Noroeste, S.A., coas condicións sinaladas nos informes dos servicios de Enxeñería, do 2 de abril de 2002, xa aceptadas polo solicitante en escrito do 17 de setembro de 2002; do Servicio Eléctrico do 3 de xaneiro de 2001, e do enxeñeiro municipal da Concellería de Medio Ambiente do 28 de xuño de 2002, e da Concellería de Medio Ambiente do 5 de abril de 2001, dos que se lles dará traslado ós solicitantes e logo de constitución da garantía na cantidade de 829.761,83 euros, o equivalente ó orzamento de execución por contrata, para responder da execución, mantemento e conservación da urbanización ata a recepción das obras polo concello.

2. Somete-lo dito expediente a información pública polo prazo dun mes, anunciando esta no BOP, no DOG e nun dos xornais de maior circulación da provincia, para o seu exame e presentación das alegacións que procedan.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer no disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 2 de outubro de 2002.

Manuel Jaime Cabezas

Alcalde