Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Xoves, 10 de outubro de 2002 Páx. 14.591

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

CÉDULA do 2 de setembro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución que formula a instructora do expediente sancionador número 36/29/2002, en materia de defensa do consumidor.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro),

notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona a proposta de resolución formulada pola instructora no expediente sancionador número 36/29/2002, por infracción en materia de defensa do consumidor, xa que intentada a notificación polos medios habituais non puido practicarse.

O que se lle comunica, de conformidade co disposto no artigo 19 do Real decreto 1398/1993, facéndolle saber que dispón dun prazo de quince días para examina-lo expediente no Servicio Provincial de Consumo de Pontevedra, situado na avenida de Vigo, 16, Pontevedra e formular alegacións e presenta-los documentos e informacións que considere convenientes.

Expediente: 36/29/2002.

Inculpado: Fincas Silgar, S.L.

Enderezo: r/ Montero Ríos, 51, Bueu (Pontevedra).

Motivos: incumprimento da normativa en materia de información en materia de compravenda e arrendamento de vivenda.

Data do acordo de incoación: 3 de xuño de 2002.

Alegacións á incoación: non presenta escrito no seu descargo.

Data de proposta de resolución: 9 de xullo de 2002.

Preceptos infrinxidos: artigo 4º do Real decreto 515/1989, do 21 de abril, sobre protección dos consumidores en canto á información que se debe subministrar na compravenda e no arrendamento, e artigos 1º, 2º e 3º do Decreto 357/1998, do 23 de decembro, polo que se regulan as follas de reclamacións dos consumidores e usuarios.

Precepto sancionador: artigos 3.3º.4 e 3.3º.6 do Real decreto 1945/1983, do 22 de xuño, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor e da producción agroalimentaria.

Sanción: 450 euros.

Pontevedra, 2 de setembro de 2002.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial do Instituto Galego

de Consumo