Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Xoves, 10 de outubro de 2002 Páx. 14.591

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

CÉDULA do 2 de setembro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, de notificación da resolución do expediente sancionador número 36/10/2002, en materia de defensa do consumidor.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas mencionadas a continuación (que non puideron ser notificadas no último enderezo coñecido que así mesmo se indica), a resolución do expediente sancionador número 36/10/2002, por infracción en materia de defensa do consumidor.

Contra a dita resolución, que non porá fin á vía administrativa, pódese interpoñer recurso de alzada

perante o presidente do Instituto Galego de Consumo no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da recepción desta notificación, de conformidade co disposto nos artigos 107, 114 e 115 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Expediente: 36/10/2002.

Inculpado: Carlos Cerqueiro García.

Enderezo: As Carolinas, 36600, Vilagarcía de Arousa.

Motivos: incumprimento da normativa que regula a etiquetaxe da carne de vacún.

Data do acordo de incoación: 8 de marzo de 2002.

Data de proposta de resolución: 23 de abril de 2002.

Alegacións á incoación: non presenta escrito no seu descargo.

Preceptos infrinxidos: Regulamento (CE) número 1760/2000, do Parlamento Europeo e do Consello do 17 de xullo de 2000, que establece un sistema de identificación e rexistro dos animais da especie bovina e relativo á etiquetaxe da carne e dos productos a base de carne de vacún.

Preceptos sancionadores: artigo 34.6º da Lei 26/1984, do 19 de xullo, xeral para a defensa dos consumidores e usuarios.

Sanción: 600 euros.

Pontevedra, 2 de setembro de 2002.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial do Instituto Galego

de Consumo