Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Xoves, 10 de outubro de 2002 Páx. 14.590

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 16 de setembro de 2002, da Área Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución dictada no expediente sancionador ES-P-045/01, devolta polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico

das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro) intentada a notificación persoal no último enderezo coñecido do interesado, sen que esta se puidese practicar, notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo a proposta de resolución dictada con data do 8 de xullo de 2001, polo órgano instructor do procedemento sancionador ES-P-045/01, na que se propón a imposición a Rosalía Lago Costas, a sanción de 3.005,07 A, por omisión do visado do contrato de compravenda da vivenda de promoción pública identificada como expediente PO-83/450, cuenta 11, que lle foi adxudicada.

Consonte co artigo 19, en relación co artigo 3 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, o interesado dispón dun prazo de quince días que se contarán a partir do seguinte ó da publicación desta proposta de resolución, para formular alegacións e presenta-los documentos e informacións que estime pertinentes.

Igualmente, comunícaselle que, a partir deste momento, poderá acceder ó contido do expediente depositado nestas dependencias (r/ Alcalde Hevia, número 7, Pontevedra), podendo obter copias dos documentos que constan nel.

Expido, asino e selo esta cédula en Pontevedra o 16 de setembro de 2002.

Andrés Iglesias López

Xefe da Área Provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente sancionador: ES-P-045/01.

Infracción: artigo 6.1º f) da Lei 13/1996, do 30 de decembro. A omisión do visado pola Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, de protección oficial.

Inculpada: Rosalía Lago Costas.

Último enderezo coñecido: Torrecedeira, 73, 4º B en Vigo.

Intentos de notificación persoal:

1º: 23-7-2002 ás 12 h (ausente).

2º: 26-7-2002 ás 12 h (descoñecido).