Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Xoves, 10 de outubro de 2002 Páx. 14.590

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 16 de setembro de 2002, da Área Provincial de Pontevedra, de notificación da proposta de resolución dos seus respectivos contratos de compravenda ós debedores en réxime de compravenda, Gustavo Santiago Dapena, P-024/02 e Mª Elena Torres da Silva, P-029/01 devoltos polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e tendo en conta o disposto no artigo 30 do texto refundido de VPO, Real decre

to 2960/1976, do 12 de novembro, e no punto 1º do artigo 138 do Regulamento de VPO, Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, intentada a notificación persoal, sen que esta se puidese practicar, notifícaselles ós interesados cos datos e último enderezo coñecido (identificado por número de expediente e conta) que a continuación se relaciona, a proposta de resolución dos seus contratos de compravenda, por falta de pagamento do prezo da vivenda de promoción pública que lles fora adxudicada.

Tal feito constitúe causa legal suficiente de resolución de contrato, desafiuzamento e lanzamento das vivendas.

Tendo en conta o disposto nos artigos 30 do Decreto 2114/1976, do 12 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da lexislación de vivendas de protección oficial, 138 a 144 do Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, polo que se aproba o Regulamento de vivendas de protección oficial, e 58, 59 e 96.3º da Lei 30/1992, no artigo 91.2º da Lei orgánica do poder xudicial e no artigo 8.5º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa e demais normas de xeral e pertinente aplicación, proponse:

A resolución de pleno dereito dos contratos de compravenda das vivendas de promoción pública, que se relacionan no anexo e o lanzamento delas dos seus ocupantes.

Fronte a esta proposta, que non é susceptible de recurso, os interesados poderán presentar alegacións e os documentos que estimen convenientes, nun prazo de quince días, que se contarán a partir do seguinte ó da publicación desta cédula.

Pontevedra, 16 de setembro de 2002.

Andrés Iglesias López

Xefe da Área Provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: PO-81/010 (expte. desaf. P-024/02).

Conta: 10.

Nome: Gustavo Santiago Dapena.

Último enderezo coñecido: rúa Luxemburgo, 4, blq A-1, 2º B en Monteporreiro-Pontevedra.

Expediente: PO-81/010 (expte. desaf. P-029/01).

Conta: 153.

Nome: Mª Elena Torres da Silva.

Último enderezo coñecido: rúa Alemaña, 47, 3º A en Monteporreiro-Pontevedra.