Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Xoves, 10 de outubro de 2002 Páx. 14.585

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE

CÉDULA do 16 de setembro de 2002, da Subdirección Xeral de Inspección Sanitaria, pola que se notifica a resolución de revogación da autorización de funcionamento concedida ó centro hospitalario titularidade da entidade Policlínica Médico-Cirúrxica Monte Xiabre, S.A., situado na avenida das Carolinas, s/n, de Vilagarcía de Arousa, Pontevedra, e se procede á súa baixa do rexistro de centros, servicios e establecementos sanitarios.

O día 10 de xullo de 2002 o secretario xeral da Consellería de Sanidade dictou resolución pola que se revoga a autorización de funcionamento concedida ó centro hospitalario titularidade da entidade Policlínica Médico-Cirúrxica Monte Xiabre, S.A., situado na avenida das Carolinas s/n de Vilagarcía de Arousa, Pontevedra, e se procede a súa baixa do rexistro de centros, servicios e establecementos sanitarios.

Intentada a notificación desta resolución segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula notifícase á entidade Policlínica Médico-Cirúrxica Monte Xiabre, S.A. para que poida ter coñecemento do seu contido.

Así mesmo, fáiselle sabe-lo dereito que o asiste para presentar recurso en alzada ante o conselleiro de Sanidade, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia, de acordo co disposto nos artigos 114 e 48 da lei citada, sen prexuízo de que poda exercitar calquera outro recurso que estime pertinente.

A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ó interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2002.

Juan Ducet Robert

Subdirector xeral de Inspección Sanitaria

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS

LABORAIS