Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Xoves, 10 de outubro de 2002 Páx. 14.585

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE

CÉDULA do 6 de setembro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador 15/2002 ALM, por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 6 de agosto de 2002, a instructora do procedemento dictou proposta de resolución do expediente sancionador nº 15/02 ALM, incoado pola Delegación Provincial da Consellería de Sanidade de Pontevedra.

Intentada a notificación desta proposta de resolución segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada por Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula, e segundo o disposto número 4 do referido artigo, notifícase o/a director/a xerente de Orivigo, S.L. para que poida ter coñecemento do contido dela.

Así mesmo, fáiselle sabe-lo dereito que o asiste para presentar alegacións ante esta delegación provincial no prazo de 15 días, contados desde o seguinte ó da publicación desta cédula.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ó interesado, en cumprimento co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada por Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Pontevedra, 6 de setembro de 2002.

Mª Dolores Pan Vázquez

Delegada provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: nº 15/02 ALM.

Denunciado: Orivigo, S.L.

Último enderezo coñecido: rúa Marqués de Valterra, nº 17, concello de Vigo (Pontevedra).

Feito denunciado: infraccións en materia sanitaria.

Precepto infrinxido:-Artigo 2.2º.2 do Real decreto 1945/1983, do 22 de xuño, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor e da producción agroalimentaria.-Artigo 3, punto 1, capítulo I, punto 1, punto 2 b), capítulo V a) b) do anexo do Real decreto 2207/1995, do 28 de decembro, polo que se establecen as normas de hixiene relativas ós productos alimenticios.-Artigo 3, punto 5.5.1, punto 6.6.1, punto 7.7.1 e 16.16.1 do título I do Real decreto 706/1986, do 7 de marzo, de Presidencia do Goberno, polo que se aproba a regulamentación técnico-sanitaria sobre condicións de almacenamento (no frigorífico) de alimentos e productos alimentarios.

Precepto sancionador: artigo 35.A) 1ª, 2ª da Lei 14/1986, do 25 de abril, da Lei xeral de sanidade.

Sanción imposta: 300 euros.