Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Xoves, 10 de outubro de 2002 Páx. 14.585

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 17 de setembro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación de Comerciantes da Praza de Abastos de Marín.

De conformidade co disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolve

mento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos no mencionado real decreto, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación provincial foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación de Comerciantes da Praza de Abastos de Marín, que abranguen os seguintes ámbitos:

Territorial: local.

Profesional: tódalas persoas maiores de 18 anos que teñan a condición de empresario e os propietarios que exerzan activamente funcións dentro da praza de abastos.

Asinan a acta de constitución: José Luis Santos Moreira e outros.

Os estatutos depositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.

Vigo, 17 de setembro de 2002.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra