Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, por Orde do 24 de xuño 2002 (Diario Oficial de Galicia nº 141, do 23 de xullo), esta consellería, no uso das facultades e atribucións conferidas pola Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e os artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna,
RESOLVE:
Primeiro.-Adxudicarlle destino no posto de traballo que se indica ó funcionario que se expresa no anexo da presente orde.
Segundo.-O cesamento no actual destino do funcionario que obtivo praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Se na data na que debe cesar no seu destino, o funcionario goza dun período de licencia, vacacións
ou permiso, o prazo para efectualo empezará a contar a partir do día seguinte ó da súa incorporación.
A toma de posesión da praza adxudicada deberase realizar no prazo de tres días a partir do seguinte ó do cesamento, de tratarse da mesma localidade na que actualmente presta os seus servicios o funcionario, ou no prazo dun mes, de tratarse de distinta localidade, conforme o establecido nos artigos 14 e 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo (DOG nº 58, do 25 de marzo).
Terceiro.-A xefatura de persoal do centro no que cause baixa o funcionario, así como a daquel no que obteña praza, efectuará, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as dilixencias de cesamento e toma de posesión, respectivamente; acto seguido realizaranse os trámites necesarios para a súa alta na nómina.
Cuarto.-Contra a presente orde, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderá impugnala directamente perante, a elección do demandante, o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contado desde a mesma data, segundo a Lei 29/1998, do 13 de xullo.
Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2002.
Enrique César López Veiga
Conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos
ANEXO
Apelidos e nome: Mª Dolores Díaz Lorenzo.
NRP: 3276387802 A2059.
Grupo: D.
Corpo/ escala: auxiliar da Xunta de Galicia.
Código do posto: PE.C99.10.000.27650.020.
Denominación do posto: habilitación.
Centro directivo: Delegación Territorial de Lugo.
Localidade: Celeiro.
Nivel C. destino: 18.