Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Xoves, 10 de outubro de 2002 Páx. 14.564

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 4 de outubro de 2002, do tribunal III-B cualificador do proceso selectivo para o acceso á categoría 63 (conductores/as altos cargos, oficial 1º conductor/a, conductor/a mecánico/a) do grupo III do persoal laboral fixo da Administración da Xunta de Galicia, pola que se convoca para a realización do exercicio de coñecemento de galego.

Na sesión realizada o día 4 de outubro de 2002, polo tribunal III-B, designado para xulga-lo proceso

selectivo de acceso á categoría 63 do grupo III, e de conformidade co establecido nas bases da convocatoria,

ACORDOU:

Convoca-los aspirantes que superaron o terceiro exercicio do proceso selectivo de acceso á categoría 63 (conductores/as altos cargos, oficial 1º conductor/a, conductor/a mecánico/a) do grupo III, para a realización do exercicio de coñecemento do idioma galego, que vai ter lugar no salón de actos pequeno da Consellería de Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, en Santiago de Compostela, o día 14 de outubro de 2002, ás 17.30 horas.

Os aspirantes terán que presentarse ás 17.30 horas co documento acreditativo da súa identidade.

De conformidade coas bases da convocatoria, estarán exentos da realización do dito exercicio os aspirantes que acreditaron a posesión do curso de perfeccionamento.

Santiago de Compostela, 4 de outubro de 2002.

Pablo Figueroa Dorrego

Presidente do tribunal III-B