Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Xoves, 10 de outubro de 2002 Páx. 14.564

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 8 de outubro de 2002 pola que se modifica a do 15 de setembro de 1999, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

O Decreto 281/2002, do 3 de outubro, dispón o nomeamento do novo presidente do Consello Galego de Relacións Laborais, polo que cómpre modifica-la orde de delegación de competencias do 15 de setembro de 1999.

Polo tanto, en virtude das atribucións que me confire o artigo 43.3º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente,

DISPOÑO:

Artigo único.-Modifícase o inciso inicial do artigo 4 da Orde do 15 de setembro de 1999, que queda redactado do seguinte xeito:

«Deléganse no presidente do Consello Galego de Relacións Laborais, dentro do ámbito das súas competencias:».

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia

Santiago de Compostela, 8 de outubro de 2002.

Antonio Pillado Montero

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA