Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Xoves, 10 de outubro de 2002 Páx. 14.563

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 24 de setembro de 2002 pola que se autoriza o centro privado Venus Salón de Lugo para imparti-lo ciclo formativo de grao superior de estética.

Examinado o expediente presentado polo centro privado Venus Salón de Lugo, solicitando autorización para poder imparti-lo ciclo formativo de grao superior de estética en quenda de tarde-noite, así como imparti-lo ciclo formativo de grao medio de estética persoal decorativa en quenda de mañá (autorizado segundo a Orde do 17-7-2001, DOG do 28 de agosto, en réxime ordinario).

Tendo en conta que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Lugo, que se remite cos informes correspondentes.

Vistos a Lei 1/1990, do 3 de outubro (BOE do 4 de outubro), de ordenación xeral do sistema educativo; Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26 de xuño), polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitarias; Real decreto 777/1998 (BOE do 8 de maio), polo que se desenvolven determinados aspectos da ordenación da formación profesional no ámbito do sistema educativo; Orde do 21 de decembro de 1999 (DOG do 31-1-2000), pola que se regulan determinados aspectos relativos á autorización de centros privados exclusivos de formación profesional específica na Comunidade Autónoma de Galicia; Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22 de maio), sobre autorización de centros docentes privados para

impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro) que desenvolve o antedito decreto.

Considerando que concorren no expediente os requisitos esixidos nas disposicións vixentes para poder acceder ó solicitado.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Autoriza-lo centro privado Venus Salón de Lugo para imparti-lo ciclo formativo de grao superior de estética en quenda de tarde-noite, así como pasar a imparti-lo ciclo formativo de grao medio de estética persoal decorativa en quenda de mañá; a composición resultante do centro queda segundo se especifica no anexo desta orde.

Segundo.-Para as ensinanzas que se autorizan, a Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, despois do informe da Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no dito centro, así como o equipamento adecuado para imparti-las ditas ensinanzas.

Terceiro.--Queda o centro obrigado ó cumprimento da lexislación vixente e a solicita-la oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que sinala esta orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo do dous meses, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2002.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia: Lugo.

Concello: Lugo.

Localidade: Lugo.

Enderezo: rúa Paxariños nº 6.

Código do centro: 27020653.

Denominación: Centro Privado Venus Salón.

Titular: Venus Salón, S.L.

Composición resultante:

Familia profesional: imaxe persoal.

1 ciclo formativo de grao medio de perruquería (2 unidades, 20 postos escolares/unidade).

1 ciclo formativo de grao medio de estética persoal decorativa (1 unidade, 20 postos escolares), en quenda de mañá.

1 ciclo formativo de grao superior de estética (2 unidades, 20 postos escolares/unidade), en quenda de tarde-noite.