Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Xoves, 10 de outubro de 2002 Páx. 14.562

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 16 de setembro de 2002 pola que se modifica a autorización do centro privado Vigo de Redondela (Pontevedra).

Examinado o expediente instruído por instancia do titular do centro privado Vigo de Redondela, solicitando autorización para impartir un ciclo formativo de grao superior de comercio internacional en substitución do ciclo formativo de grao medio de xestión administrativa.

Tendo en conta que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra que o envía cos informes correspondentes.

Vistos o Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26 de xuño) polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitarias; Real decreto 777/1998 (BOE do 8 de maio) polo que se desenvolven determinados aspectos da ordenación da formación profesional no ámbito do sistema edu

cativo; Orde do 21 de decembro de 1999 (DOG do 31-1-2000) pola que se regulan determinados aspectos relativos á autorización de centros privados exclusivos de formación profesional específica; Decreto 296/1999 (DOG do 18 de novembro) polo que se desenvolven determinados aspectos dos currículos dos ciclos formativos de formación profesional específica na Comunidade Autónoma de Galicia; Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22 de maio), sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro) que desenvolve o dito decreto.

Considerando que concorren no expediente os requisitos esixidos nas disposicións vixentes para poder acceder ó solicitado.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa.

DISPÓN:

Primeiro.-Autoriza-lo centro privado Vigo de Redondela para imparti-lo ciclo formativo de grao superior de comercio internacional.

Segundo.-Suprímese o ciclo formativo de grao medio de xestión administrativa, quedando a composición resultante segundo se especifica no anexo desta orde.

Terceiro.-Para as ensinanzas que se autorizan, a delegación provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, logo do informe da Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no dito centro, así como o equipamento adecuado.

Cuarto.-Queda o centro obrigado ó cumprimento da lexislación vixente y a solicita-la oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que sinala a presente orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo do dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2002.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia: Pontevedra.

Concello: Vigo.

Localidade: Rande.

Enderezo: A Formiga, s/n .

Código do centro: 36018033.

Denominación: centro privado Vigo .

Titular: Sociedad Mercantil Colegio Vigo, S.A.

Composición resultante:

a) Centro de educación infantil: 3 unidades.

b) Centro de educación primaria: 6 unidades.

c) Centro de educación secundaria:-4 unidades de educación secundaria obrigatoria.-4 unidades de bacharelato das modalidades de ciencias da natureza e da saúde, e tecnoloxía.

d) Centro de formación profesional específica:

Familia profesional: comercio e márketing.

1 ciclo formativo de grao medio de comercio (1 unidade para 30 alumnos).

1 ciclo formativo de grao superior de comercio internacional (2 unidades, 30 alumnos/unidade).

Familia profesional: mantemento de vehículos autopropulsados.

1 ciclo formativo de grao medio de electromecánica de vehículos (2 unidades, 30 alumnos/unidade).

Familia profesional: electricidade e electrónica.

1 ciclo formativo de grao medio de equipos electrónicos de consumo (2 unidades, 30 alumnos/unidade).

Familia profesional: edificación e obra civil.

1 ciclo formativo de grao superior de desenvolvemento e aplicación de proxectos de construcción (2 unidades para 20 alumnos/unidade).