Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Xoves, 10 de outubro de 2002 Páx. 14.558

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 2 de outubro de 2002 pola que se adxudican as bolsas para estadías no estranxeiro e en centros españois situados fóra da Comunidade Autónoma, convocadas no anexo III da Orde do 15 de xullo de 2002 (Diario Oficial de Galicia do 24 de xullo), pola que se aproban as bases que rexerán as convocatorias de bolsas correspondentes a diversas accións de formación de investigadores do Programa de Recursos Humanos do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico, e se procede á súa convocatoria.

A Orde do 15 de xullo de 2002 (DOG do 24 de xullo), pola que se aproban as bases que rexerán as convocatorias de bolsas correspondentes a diversas accións de formación de investigadores do Programa de Recursos Humanos, do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica, prevé no seu anexo III a concesión de bolsas para estadías no estranxeiro e en centros españois situados fóra da Comunidade Autónoma.

De acordo co establecido no punto 7 do dito anexo, desde o 4 ó 14 de setembro expuxéronse as listas das solicitudes admitidas e excluídas, podendo durante ese mesmo período os interesados formular reclamacións para emendar error e falta de documentos.

Rematado este prazo e estudiadas as reclamacións presentadas, as solicitudes admitidas foron estudiadas pola Comisión de Selección de Investigación, creada polo Decreto 37/1998, do 30 de xaneiro (DOG do 6 de febreiro).

En consecuencia, antendendo á proposta elaborada pola citada comisión, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro.-Concedérlle-las bolsas para estadías fóra da Comunidade Autónoma ás persoas que se relacionan no anexo a esta resolución para realizaren investigación nos centros que se sinalan, durante o período de tempo que se especifica e na contía que se indica en cada caso. Estas bolsas están cofinanciadas polo Fondo Social Europeo.

Segundo.-O pagamento das bolsas farase segundo o establecido no punto 11 das bases da convocatoria.

Terceiro.-A Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento adoptará as medidas necesarias para a formalización dos documentos de aceptación das bolsas ós que se fai referencia na base 11 da mencionada convocatoria e para a instrucción dos correspondentes expedientes de gasto.

Cuarto.-O incumprimento por parte dos beneficiarios de calquera das bases establecidas na orde da convocatoria do 15 de xullo de 2002 suporá a perda do dereito a percibi-la subvención correspondente.

Quinto.-Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela poderán os interesados interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. De non estima-la interposición deste recurso, poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2002.

P.D. (Orde 15-7-2002, DOG do 24 de xullo)

Miguel Ángel Ríos Fernández

Secretario xeral de Investigación

e Desenvolvemento