Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Xoves, 10 de outubro de 2002 Páx. 14.565

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

ORDE do 23 de setembro de 2002 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, por Orde do 20 de abril de 2002 (Diario Oficial de Galicia nº 86, do 6 de maio), esta consellería, no uso das facultades e atribucións conferidas pola Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e os artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo

que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna,

RESOLVE:

Primeiro.-Adxudicarlle destino no posto de traballo que se indica ó funcionario que se expresa no anexo da presente orde.

Segundo.-O cesamento no actual destino do funcionario que obtivo praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Se na data na que debe cesar no seu destino, o funcionario goza dun período de licencia, vacacións ou permiso, o prazo para efectualo empezará a contar a partir do día seguinte ó da súa incorporación.

A toma de posesión da praza adxudicada deberase realizar no prazo de tres días a partir do seguinte ó do cesamento, de tratarse da mesma localidade na que actualmente presta os seus servicios o funcionario, ou no prazo dun mes, de tratarse de distinta localidade, conforme o establecido nos artigos 14 e 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo (DOG nº 58, do 25 de marzo).

Terceiro.-A xefatura de persoal do centro no que cause baixa o funcionario, así como a daquel no que obteña praza, efectuará, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as dilixencias de cesamento e toma de posesión, respectivamente; acto seguido realizaranse os trámites necesarios para a súa alta na nómina.

Cuarto.-Contra a presente orde, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderá impugnala directamente perante, a elección do demandante, o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contado desde a mesma data, segundo a Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 23 de setembro de 2002.

Enrique César López Veiga

Conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos

ANEXO

Apelidos e nome: Carlos Javier Martínez Pérez.

NRP: 5245354802 A2053.

Grupo: C.

Corpo/ escala: administrativo da Xunta de Galicia.

Código do posto: PE.C99.30.000.15720.001.

Denominación do posto: delegado comarcal.

Centro directivo: Delegación Comarcal de Ribeira.

Localidade: Ribeira.

Nivel C. destino: 25.

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO CINCUENTA E OITO

DE BARCELONA