Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Mércores, 09 de outubro de 2002 Páx. 14.544

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN PÚBLICA URXENCIAS SANITARIAS DE GALICIA-061

PACTO de contratación indefinida da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

I. Normas xerais.

1. Vixencia do pacto.

Este pacto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no DOG, e terá vixencia de dous anos a partir desa data, con prórroga automática por idéntico ou idénticos períodos de non mediar denuncia expresa por ningunha das partes, e polo menos, con catro meses de antelación ó seu remate. De existir denuncia, este pacto prorrogará a súa efectividade ata a formalización dun novo pacto que o substitúa, trala negociación correspondente.

2. Ámbito de aplicación do pacto.

Territorial: soamente será de aplicación na Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Persoal: afectará a tódalas vinculacións indefinidas, a través dos nomeamentos que se formalicen, de persoal sanitario facultativo, persoal sanitario non facultativo, e persoal non sanitario.

A aplicación do pacto respectará os principios recollidos na Lei 10/1996, do 5 de novembro, de actuación de entes e empresas nas que ten participación maioritaria a Xunta de Galicia en materia de persoal e contratación; así como o convenio colectivo para o persoal laboral do sector sanitario de Galicia xestionado por fundación públicas sanitarias ou empresas públicas, de aplicación na fundación.

3. Sistema de nomeamentos.

Elaboraranse as listas por categoría profesional.

4. Formalización de solicitudes.

Unha vez publicado este pacto no Diario Oficial de Galicia, convocaranse os aspirantes mediante un anuncio en prensa escrita, concedéndolles un prazo de quince días naturais a partir do día seguinte a súa data de publicación, para que presenten a súa solicitude.

Para poder formaliza-la solicitude, os aspirantes deberán ter cumpridos os 18 anos de idade no momento da presentación desta; nacionalidade española ou dun país da Unión Europea ou, de se-lo caso, dispoñer de autorización para poder residir e traballar legalmente en España; e posuí-la titulación que habilita para o exercicio da profesión correspondente.

As solicitudes deberán remitirse ó enderezo ou apartado de correos designado pola Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Os méritos admisibles e cuantificables serán unicamente os causados ata o día inmediato anterior á data de publicación da convocatoria.

A acreditación dos méritos alegados requirirá a presentación de documentos auténticos, sen prexuízo da posible compulsa que, sobre copias fotoestáticas delas, sexa realizada polo persoal competente; e será necesaria soamente no caso dos candidatos que accedan á estas. Non será necesaria a entrega de documentos acreditativos que consten xa no expediente do aspirante por figurar en anteriores convocatorias do pacto na mesma categoría.

Cada aspirante a vinculacións indefinidas poderá solicita-la súa inclusión en máis dunha categoría.

5. Elaboración e vixencia das listas.

A convocatoria para a selección dos aspirantes será realizada pola Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 exclusivamente de conformidade cos criterios de selección contidos neste pacto, establecéndose unha orde de puntuación dos aspirantes. Sen embargo darase oportuna información do proceso seguido para a confección das listas ó comité de empresa da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Rematado o proceso, as listas provisionais publicaranse nos taboleiros de anuncios da central de coordinación do 061, das bases asistenciais do 061, e na sede da dirección da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, incluíndo a relación dos aspirantes admitidos coas puntuacións obtidas, establecéndose desta forma unha orde de prelación; así como a relación de aspirantes excluídos coas causas de exclusión correspondentes. As listas provisionais publicaranse por categorías, e os interesados poderán formular, no prazo máximo de 10 días hábiles a partir do seguinte á data de publicación das listas, reclamación ante a Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Resoltas as reclamacións, publicaranse as listas definitivas nos mesmos lugares que as anteriores. Contra as listas definitivas os aspirantes non poderán presentar reclamación.

6. Xestión das listas.

A xestión das listas cos chamamentos dos aspirantes levarase a cabo no Departamento de Relacións Laborais da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Para efectua-los chamamentos seguirase rigorosamente a orde de puntuación acreditada polos aspirantes en cada lista, chamándose o aspirante que estea dispoñible coa maior puntuación.

Para a formalización de contratos chamarase sempre o aspirante que acredite maior puntuación na lista, sempre que non estea xa vinculado por un nomeamento destas características.

En todo caso, quedará constancia da data e hora na que o aspirante sexa requirido, mediante dilixencia estendida para o efecto, levándose un libro de rexistro das chamadas efectuadas.

De constatarse un erro material ou de feito no chamamento e posterior vinculación indefinida executado a favor dun aspirante ó que pola súa orde de puntuación non lle corresponde, procederase, no prazo dos 15 días seguintes á revogación do nomeamento expedido por tal circunstancia. De tal actuación notificarase coa maior brevidade posible ó comité de empresa da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

A determinación das necesidades de vinculación será competencia do director da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, de acordo coas súas competencias de xestión normativamente recoñecidas, sen prexuízo da preceptiva información sobre os nomeamentos efectuados, que periodicamente debe facilitarse ó comité de empresa da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

7. Seguimento do pacto.

Para o seguimento do pacto constituirase unha comisión paritaria, integrada por tres membros por parte do comité de empresa e tres membros designados pola dirección da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

A comisión paritaria, sen menoscabo das cuestións que ten asignadas explicitamente ó longo do presente pacto, resolverá, en única instancia, tódalas incidencias e reclamacións que se produzan, formulando as propostas de resolución con carácter vinculante que procedan á dirección da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Os acordos adoptaranse por maioría dos presentes, requiríndose un quórum de catro membros e sendo decisivo, no caso de empate, o voto do presidente.

A presidencia da comisión corresponderalle a un dos membros designados pola dirección da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, actuando como secretario destas, con voz e voto, outro dos seus representantes.

A comisión reunirase, ben con carácter ordinario unha vez ó trimestre, ou ben con carácter extraordinario nas ocasións na que concorran as circunstancias que o fagan preciso.

A solicitude da convocatoria extraordinaria, na que se fixará necesariamente a orde do día, farase por instancia de polo menos dous dos membros da comisión, e cunha antelación mínima de 24 horas.

8. Penalizacións.

De non existir causas xustificadas de renuncia á oferta dun nomeamento, ou ben a un xa formalizado, será penalizado o aspirante, pasando ó final da lista da súa categoría.

Serán excluídos definitivamente da lista os aspirantes que incorresen en incumprimentos graves derivados do desempeño do posto de traballo. Para facer efectivas as exclusións derivadas dos citados incumprimentos seguirase un procedemento ante a comisión paritaria de seguimento no que se garanta,

en todo caso, a presentación de alegacións polo interesado.

A adopción da medida penalizadora seralles notificada ó aspirante afectado con carácter inmediato.

Admitirase a renuncia á oferta sen ningunha penalización, sempre que se xustifique de forma suficiente, nos seguintes supostos:

-Maternidade ou adopción legal.

-Exercicio de representación sindical.

-Matrimonio.

-Falecemento de familiar ata segundo grao de consanguinidade ou afinidade.

-Asistencia a exames oficiais.

-Contrato vixente con outra entidade no momento da oferta de vinculación.

-Calquera outra de entidade suficiente que se considere oportuno ó criterio da comisión paritaria de seguimento.

9. Disposicións especiais.

Cando un aspirante sexa cesado por non supera-lo período de proba que se estipule no nomeamento, quedará automaticamente excluído das listas.

II. Criterios de selección.

Para efectua-lo proceso de selección de aspirantes e confecciona-las diferentes listas por categoría, tívose en conta a necesidade de articular un proceso áxil e eficaz con acatamento dos principios de publicidade, mérito, igualdade e capacidade.

1. Tendo en conta a especificidade ou complexidade dalgunhas das funcións que van desempeñar determinados profesionais, resulta preciso realizar unha proba de coñecementos que garanta a idoneidade do profesional para o desenvolvemento da praza ou posto de traballo.

2. Articularase o proceso de selección en catro fases: recepción de currículum, proba teórico-práctica, baremación de méritos e entrevista persoal regrada.

3. Na fase de recepción de currículum excluirase aqueles candidatos que non cumpran os requisitos mínimos.

4. Na fase de realización da proba teórica-práctica excluirase aqueles candidatos que non acaden o 50% da puntuación total máxima posible en cada unha das probas.

5. Na fase de entrevista persoal regrada excluirase aqueles candidatos que non acaden o 50% da puntuación total máxima posible na entrevista.

6. As características, contido e modo de execución da proba teórico-práctica e da entrevista persoal regrada, serán determinadas pola comisión de seguimento do pacto.

7. A puntuación que consigan os aspirantes na fase de baremación representará o 20% da puntuación final do aspirante, a puntuación na proba teórico-práctica representará o 60% da puntuación final do aspirante, e a puntuación na entrevista persoal representará o 20% restante da puntuación final do aspirante.

8. A puntuación final que consigan os aspirantes determinará a súa orde na lista. Os posibles empates dirimiranse a favor do aspirante que acredite maior tempo como desempregado total e non subsidiado. De persisti-lo empate resolverase a favor do aspirante de maior idade.

III. Baremos.

Os baremos confeccionados refírense a grupos e categorías de persoal de características, nalgún caso, notoriamente diversas.

Por iso, tanto na súa estructura como nas escalas de puntuación, resultan diferentes, ó terse en conta circunstancias distintas para a súa elaboración.

1. Baremos de persoal sanitario facultativo: médicos coordinadores.

Considéranse requisitos mínimos para esta categoría a formación especializada ou, no seu defecto, a acreditación dun mínimo de 2 anos de experiencia profesional.

A. Formación académica

A puntuación máxima posible por cada aspirante neste epígrafe será de 3 puntos.

1) Estudios de licenciatura.

Por cada matrícula de honra: 1,5 puntos.

Por cada sobresaliente: 1 punto.

Por cada notable: 0,5 puntos.

A suma total das puntuacións dividirase polo número total de materias avaliadas, expresando o cociente cos dous primeiros decimais obtidos.

Non se valorarán as materias de idioma, relixión, formación política e educación física.

2) Estudios de posgrao.

A puntuación máxima posible para cada aspirante neste epígrafe será de 1 punto.

Exame de grao (licenciatura): 0,25 puntos.

Premio extraordinario de licenciatura: 0,75 puntos.

Pola realización dos cursos monográficos do doutoramento ou de 3º ciclo: 0,25 puntos.

3) Grao de doutor: 1,5 puntos.

A puntuación máxima posible para cada aspirante conseguida polos coñecementos de posgrao e doutoramento reflectidos nos puntos 2) e 3) será de 1,5 puntos.

B. Formación especializada.

A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto dos méritos previstos neste epígrafe será de 7 puntos.

1) Formación na especialidade de medicina familiar e comunitaria.

Aspirantes que cumpriron o período completo de formación como residentes do programa MIR, ou que cumpriran o período completo de formación como residentes nun centro estranxeiro con programa recoñecido de docencia para posgraduados na especialidade e coa titulación de especialistas validada polo Ministerio de Educación e Ciencia: 4 puntos.

Aspirantes que superaran a convocatoria nacional, para optar á praza do programa MIR e non cumpriran o período completo de formación na especialidade: por cada ano completo de residente e ata un máximo de 3 puntos: 1 punto.

2) Formación noutras especialidades.

Por acredita-la especialidade de medicina interna, así como outras especialidades realizadas dentro do programa MIR e que o programa de formación inclúan un período de realización de gardas de presencia física nos servicios de urxencias dun ano ou máis: 3 puntos.

Por acreditar calquera outra especialidade: 1,5 puntos.

Soamente se poderá valorar unha especialidade por aspirante.

C. Experiencia profesional.

A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto dos méritos previstos neste epígrafe será de 7 puntos.

1) Aspirantes que desenvolveran funcións de médico adxunto en servicios de urxencias hospitalarios.

Polos servicios prestados en institucións sanitarias da Seguridade Social dependentes do Sergas ou noutras institucións sanitarias da Seguridade Social integrantes do Sistema Nacional de Saúde. Por cada mes completo: 0,15 puntos.

Polos servicios prestados noutras institucións sanitarias públicas españolas ou dun país da UE. Por cada mes completo: 0,10 puntos.

Polos servicios prestados en institucións sanitarias privadas españolas ou dun país da UE. Por cada mes completo: 0,05 puntos.

2) Aspirantes que desenvolveran funcións de médico adxunto en sistemas de urxencias e emerxencias médicas integrantes do Sistema Nacional de Saúde, ou equivalente dun país da UE.

Polos servicios prestados como médico coordinador da demanda en centrais de coordinación sanitaria. Por cada mes completo: 0,25 puntos.

Polos servicios prestados como médico asistencial nas bases de recursos medicalizados de centrais de coordinación sanitaria. Por cada mes completo: 0,15 puntos.

3) Aspirantes que desenvolveran funcións de médico de atención primaria integrante do Sistema Nacional de Saúde, ou equivalentes dun país da UE.

Polos servicios prestados en institucións sanitarias de atención primaria integrantes do Sistema Nacional de Saúde, ou equivalentes dun país da UE, en prazas nas cales os servicios de garda non estiveran cubertos por un servicio especial de urxencias ou por un servicio normal de urxencias. Por cada mes completo: 0,10 puntos.

Polos servicios prestados en institucións sanitarias de atención primaria integrantes do Sistema Nacional de Saúde, ou equivalentes dun país da UE, en prazas nas cales os servicios de garda estiveran cubertos por un servicio especial de urxencias ou por un servicio normal de urxencias. Por cada mes completo: 0,05 puntos.

4) Aspirantes que desenvolveran praza noutras actividades asistenciais.

Polos servicios prestados en institucións sanitarias integrantes do Sistema Nacional de Saúde, ou equivalentes dun país da UE. Por cada mes completo: 0,05 puntos.

Polos servicios prestados en institucións sanitarias públicas españolas ou dun país da UE. Por cada mes completo: 0,02 puntos.

Polos servicios prestados en institucións sanitarias privadas españolas ou dun país da UE. Por cada mes completo: 0,01 puntos.

D. Formación continuada e outros méritos.

A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto dos méritos previstos neste epígrafe será de 2,50 puntos.

1) Pola asistencia debidamente xustificada ó curso de coordinación da demanda sanitaria impartido pola Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061: 0,15 puntos.

2) Pola asistencia debidamente xustificada a cursos de formación e perfeccionamento convocados e impartidos pola Administración estatal, autonómica e universidades, Real Academia de Medicina, colexios oficiais de médicos e Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, ou avalados en debida forma polos organismos competentes, sempre que teñan un contido relacionado coas funcións propias do posto de traballo que se vaia desenvolver como médico coordinador, a razón de:

Duración de 40-100 horas: 0,10 puntos.

Duración de 101-250 horas: 0,20 puntos.

Duración de 251-450 horas: 0,40 puntos.

Duración de 451 horas en diante: 1 punto.

A acreditación dos cursos deberá conte-la sinatura do responsable do órgano convocante e/ou do profesional responsable da súa impartición. Así mesmo, deberá constar claramente o número de horas do curso, as datas de comezo e finalización, o seu contido e a localidade onde foi impartido.

3) Por cada publicación, relatorio ou comunicación publicadas ou presentadas sobre temas relacionados coas funcións asistenciais propias de servicios de urxencias e emerxencias médicas: 0,02 puntos.

E. Coñecemento da lingua galega.

A puntuación máxima posible para cada aspirante neste epígrafe será de 0,5 puntos.

1) Pola realización do curso de iniciación de lingua galega: 0,25 puntos.

2) Pola realización do curso de perfeccionamento de lingua galega: 0,5 puntos.

2. Baremos de persoal sanitario facultativo: médicos asistenciais.

Considéranse requisitos mínimos para esta categoría a formación especializada en medicina familiar e comunitaria, anestesia e reanimación ou medicina intensiva ou, no seu defecto, a acreditación dun mínimo de 2 anos de experiencia profesional en servicios de urxencias hospitalarios e/ou extrahospitalarios.

A. Formación académica.

A puntuación máxima posible por cada aspirante neste epígrafe será de 3 puntos.

1) Estudios de licenciatura.

Por cada matrícula de honra: 1,5 puntos.

Por cada sobresaliente: 1 punto.

Por cada notable: 0,5 puntos.

A suma total das puntuacións dividirase polo número total de materias avaliadas, expresando o cociente cos dous primeiros decimais obtidos.

Non se valorarán as materias de idioma, relixión, formación política e educación física.

2) Estudios de posgrao.

A puntuación máxima posible para cada aspirante neste epígrafe será de 1 punto.

Exame de grao (licenciatura): 0,25 puntos.

Premio extraordinario de licenciatura: 0,75 puntos.

Pola realización dos cursos monográficos de doutoramento ou de 3º ciclo: 0,25 puntos.

3) Grao de doutor: 1,5 puntos.

A puntuación máxima posible para cada aspirante conseguida polos coñecementos de posgrao e doutoramento reflectidos nos epígrafes 2) e 3) será de 1,5 puntos.

B. Formación especializada.

A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto dos méritos previstos neste epígrafe será de 7 puntos.

1) Formación na especialidade de medicina familiar e comunitaria.

Aspirantes que cumpriron o período completo de formación como residentes do programa MIR, ou que cumpriran o período completo de formación como residentes nun centro estranxeiro con programa recoñecido de docencia para posgraduados na especialidade e coa titulación de especialistas validada polo Ministerio de Educación e Ciencia: 4 puntos.

Aspirantes que superaran a convocatoria nacional, para optar á praza do programa MIR e non cumpriran o período completo de formación na especialidade: por cada ano completo de residente e ata un máximo de 3 puntos: 1 punto.

2) Formación na especialidade de medicina intensiva.

3) Formación na especialidade de anestesia e reanimación.

Aspirantes que cumpriron o período completo de formación como residentes do programa MIR, ou que cumpriran o período completo de formación como residentes nun centro estranxeiro con programa recoñecido de docencia para posgraduados na especialidade e coa titulación de especialistas validada polo Ministerio de Educación e Ciencia: 4 puntos.

Aspirantes que superaran a convocatoria nacional, para optar á praza do programa MIR e non cumpriran o período completo de formación na especialidade: por cada ano completo de residente e ata un máximo de 3 puntos: 1 punto.

4) Formación noutras especialidades.

Por acredita-lo período completo de formación como residentes noutras especialidades dentro do programa MIR: 2 puntos.

C. Experiencia profesional.

A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto dos méritos previstos neste epígrafe será de 7 puntos.

1) Aspirantes que desenvolveran funcións de médico adxunto en servicios de urxencias hospitalarios.

Polos servicios prestados en institucións sanitarias da Seguridade Social dependentes do Sergas ou noutras institucións sanitarias da Seguridade Social integrantes do Sistema Nacional de Saúde. Por cada mes completo: 0,20 puntos.

Polos servicios prestados noutras institucións sanitarias públicas españolas ou dun país da UE. Por cada mes completo: 0,10 puntos.

Polos servicios prestados en institucións sanitarias privadas españolas ou dun país da UE. Por cada mes completo: 0,05 puntos.

2) Aspirantes que desenvolveran funcións de médico adxunto en sistemas de urxencias e emerxencias médicas integrantes do Sistema Nacional de Saúde, ou equivalentes dun país da UE.

Polos servicios prestados como médico coordinador da demanda en centrais de coordinación sanitaria. Por cada mes completo: 0,15 puntos.

Polos servicios prestados como médico asistencial nas bases de recursos medicalizados de servicios de urxencias e emerxencias. Por cada mes completo: 0,25 puntos.

3) Aspirantes que desenvolveran funcións de médico adxunto nos servicios de urxencias extrahospitalarias integrantes do Sistema Nacional de Saúde, ou equivalentes dun país da UE.

Polos servicios prestados en servicios de urxencias extrahospitalarias integrantes do Sistema Nacional de Saúde, ou equivalentes dun país da UE. Por cada mes completo: 0,10 puntos.

4) Aspirantes que desenvolveran praza noutras actividades asistenciais.

Polos servicios prestados en institucións sanitarias integrantes do Sistema Nacional de Saúde, ou equivalentes dun país da UE. Por cada mes completo: 0,05 puntos.

Polos servicios prestados en institucións sanitarias públicas españolas ou dun país da UE. Por cada mes completo: 0,02 puntos.

Polos servicios prestados en institucións sanitarias privadas españolas ou dun país da UE. Por cada mes completo: 0,01 puntos.

D. Formación continuada e outros méritos.

A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto dos méritos previstos neste epígrafe será de 2,50 puntos.

1) Pola asistencia debidamente xustificada a cursos de formación e perfeccionamento convocados e impartidos pola Administración estatal, autonómica e universidades, Real Academia de Medicina, colexios oficiais de médicos e Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, ou avalados en debida forma polos organismos competentes, sempre que teñan un contido relacionado coas funcións

propias do posto de traballo que se vaia desenvolver como médico asistencial, a razón de:

Duración de 40-100 horas: 0,10 puntos.

Duración de 101-250 horas: 0,20 puntos.

Duración de 251-450 horas: 0,40 puntos.

Duración de 451 horas en diante: 1 punto.

A acreditación dos cursos deberá conte-la sinatura do responsable do órgano convocante e/ou do profesional responsable da súa impartición. Así mesmo, deberá constar claramente o número de horas do curso, as datas de comezo e finalización, o seu contido e a localidade onde foi impartido.

2) Por cada publicación, relatorio ou comunicación publicadas ou presentadas sobre temas relacionados coas funcións asistenciais propias de servicios de urxencias e emerxencias médicas: 0,02 puntos.

3) Por máster relacionado co traballo en Urxencias e Emerxencias: 0,75 puntos.

E. Coñecemento da lingua galega.

A puntuación máxima posible para cada aspirante neste epígrafe será de 0,5 puntos.

1) Pola realización do curso de iniciación de lingua galega: 0,25 puntos.

2) Pola realización do curso de perfeccionamento de lingua galega: 0,5 puntos.

3. Baremos de persoal sanitario non facultativo: DUE.

A. Formación académica.

A puntuación máxima posible por cada aspirante neste epígrafe será de 2 puntos.

1) Estudios de diplomatura de ATS/DUE.

Por cada matrícula de honra: 1,5 puntos.

Por cada sobresaliente: 1 punto.

Por cada notable: 0,5 puntos.

A suma total das puntuacións dividirase polo número total de materias avaliadas, expresando o cociente cos dos primeiros decimais obtidos.

Non se valorarán as materias de idioma, relixión, formación política e educación física.

2) Por premio fin de carreira: 0,5 puntos.

B. Experiencia profesional.

A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto dos méritos previstos neste epígrafe será de 10 puntos.

1) Aspirantes que desenvolveran funcións de DUE en servicios de urxencias hospitalarios.

Polos servicios prestados en institucións sanitarias da Seguridade Social dependentes do Sergas ou noutras institucións sanitarias da Seguridade Social integrantes do Sistema Nacional de Saúde. Por cada mes completo: 0,20 puntos.

Polos servicios prestados noutras institucións sanitarias públicas españolas ou dun país da UE. Por cada mes completo: 0,10 puntos.

Polos servicios prestados en institucións sanitarias privadas españolas o dun país da UE. Por cada mes completo: 0,05 puntos.

2) Aspirantes que desenvolveran funcións de DUE en sistemas de urxencias e emerxencias médicas integrantes do Sistema Nacional de Saúde, ou equivalentes dun país da UE.

Polos servicios prestados como DUE nas bases de recursos medicalizados servicios de urxencias e emerxencias. Por cada mes completo: 0,25 puntos.

3) Aspirantes que desenvolveran funcións de DUE nos servicios de urxencias extrahospitalarias integrantes do Sistema Nacional de Saúde, ou equivalentes dun país da UE.

Polos servicios prestados en servicios de urxencias extrahospitalarias integrantes do Sistema Nacional de Saúde, ou equivalentes dun país da UE. Por cada mes completo: 0,10 puntos.

4) Aspirantes que desenvolveran praza como DUE noutras actividades asistenciais.

Polos servicios prestados en institucións sanitarias integrantes do Sistema Nacional de Saúde, ou equivalentes dun país da UE. Por cada mes completo: 0,05 puntos.

C. Formación continuada e outros méritos.

A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto dos méritos previstos neste epígrafe será de 3,5 puntos.

1) Pola asistencia debidamente xustificada a cursos de formación e perfeccionamento convocados e impartidos pola Administración estatal, autonómica e universidades, Real Academia de Medicina, colexios oficiais de enfermería, e Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, ou avalados en debida forma polos organismos competentes, sempre que teñan un contido relacionado coas funcións propias do posto de traballo que se vaia desempeñar, a razón de:

Duración de 40-100 horas: 0,10 puntos.

Duración de 101-250 horas: 0,20 puntos.

Duración de 251-450 horas: 0,40 puntos.

Duración de 451 horas en diante: 1 punto.

A acreditación dos cursos deberá conte-la sinatura do responsable do órgano convocante e/ou do profesional responsable da súa impartición. Así mesmo, deberá constar claramente o número de horas do curso, as datas de comezo e finalización, o seu contido e a localidade onde foi impartido.

2) Por cada publicación, relatorio ou comunicación publicadas ou presentadas sobre temas relacionados coas funcións asistenciais propias de servicios de urxencias e emerxencias médicas: 0,02 puntos.

3) Por máster relacionado co traballo en Urxencias e Emerxencias: 1 punto.

D. Coñecemento da lingua galega.

A puntuación máxima posible para cada aspirante neste epígrafe será de 0,5 puntos.

1) Pola realización do curso de iniciación de lingua galega: 0,25 puntos.

2) Pola realización do curso de perfeccionamento de lingua galega: 0,5 puntos.

4. Baremos de persoal non sanitario.

A. Formación académica.

A puntuación máxima posible por cada aspirante neste epígrafe será de 2 puntos.

Por cada matrícula de honra: 1,5 puntos.

Por cada sobresaliente: 1 punto.

Por cada notable: 0,5 puntos.

A suma total das puntuacións dividirase polo número total de materias avaliadas, expresando o cociente cos dous primeiros decimais obtidos.

Por premio fin de carreira: 0,5 puntos.

Non se valorarán as materias de idioma, relixión, formación política e educación física.

B. Formación continuada.

A puntuación máxima posible para cada aspirante neste epígrafe será de 4 puntos.

Pola asistencia debidamente xustificada a cursos de formación e perfeccionamento convocados e impartidos pola Administración estatal, autonómica, universidades, INEM, colexios profesionais, ou outras institucións ou organismos avaladas en debida forma polos organismos competentes, sempre que teñan un contido relacionado coas funcións propias do posto de traballo que se vaia desempeñar, a razón de:

Duración de 40-100 horas: 0,10 puntos.

Duración de 101-250 horas: 0,20 puntos.

Duración de 251-450 horas: 0,40 puntos.

Duración de 451 horas en diante: 1 punto.

A acreditación dos cursos deberá conte-la sinatura do responsable do órgano convocante e/ou do profesional responsable da súa impartición. Así mesmo, deberá constar claramente o número de horas do curso, as datas de comezo e finalización, o seu contido e a localidade de onde foi impartido.

C. Experiencia profesional.

A máxima puntuación posible neste epígrafe para cada aspirante será de 13,5 puntos.

Por cada mes completo de servicios prestados en praza cun contido funcional similar ó da praza a que se opte, na Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061: 0,5 puntos.

Por cada mes completo de servicios prestados en praza cun contido funcional similar ó da praza a que se opte, en institucións ou empresas sanitarias: 0,40 puntos.

Por cada mes de servicios prestados en praza cun contido funcional similar ó da praza á que se opte, noutras institucións ou empresas: 0,35 puntos.

D. Coñecemento da lingua galega.

A puntuación máxima posible para cada aspirante neste epígrafe será de 0,5 puntos.

1) Pola realización do curso de iniciación de lingua galega: 0,25 puntos.

2) Pola realización do curso de perfeccionamento de lingua galega: 0,5 puntos.

Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2002.

Carmen Rial Lobatón

Directora da Fundación Pública

Urxencias Sanitarias de Galicia-061