Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Mércores, 09 de outubro de 2002 Páx. 14.551

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN PÚBLICA URXENCIAS SANITARIAS DE GALICIA-061

SELECCIÓN de persoal.

A Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 anuncia a convocatoria pública dos seguintes postos para a contratación indefinida do seu cadro de persoal, de acordo coas seguintes bases:

Médicos coordinadores.

* Contratación inicial a media xornada, con posibilidade a medio/longo prazo de xornada completa.

* Ref./MC

Requisitos mínimos:

Licenciado en medicina e cirurxía con formación especializada ou, no seu defecto, a acreditación dun mínimo de 2 anos de experiencia profesional en servicios de urxencias hospitalarias ou servicios de emerxencia extrahospitalarias.

Médicos asistenciais.

* Posibilidade de contratación a media xornada ou xornada completa.

* Ref./MA

Requisitos mínimos:

Licenciado en medicina e cirurxía con formación especializada en medicina familiar e comunitaria, anestesia e reanimación ou medicina intensiva, ou, no seu defecto, a acreditación dun mínimo de 2 anos de experiencia profesional en servicios de urxencias hospitalarias ou servicios de emerxencia extrahospitalarias.

*Ref./MI

Requisitos mínimos:

Licenciado en medicina e cirurxía con formación especializada en medicina preventiva e con experiencia en investigación.

ATS/DUE

* Posibilidade de contratación a media xornada ou xornada completa.

* Ref./DUE

Requisitos mínimos:

Diplomatura de ATS/DUE.

Presentación de solicitudes:

Os interesados deberán ingresar na conta 0128/9406/13/0100000297 a cantidade de 46,61 euros en concepto de taxas de inscrición na convocatoria para a selección de persoal (artigo 18.03 do Decreto lexislativo 1/1992, do 11 de abril, polo que se aproba o texto articulado das bases contidas no capítulo 3 do título II da Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia).

Deberase remiti-lo currículum, indicando a referencia que corresponda, dirixido ó apartado de correos nº 5195 Vigo-36200, antes de 15 días naturais contados desde a data de publicación deste anuncio. Deberán presentarse certificados de servicios prestados, diplomas acreditativos de cursos, título mínimo esixido, expediente académico e xustificante de realiza-lo ingreso das taxas de inscrición na convocatoria.

Inicio das probas e resultados.

O proceso de selección realizarase de acordo co disposto na Lei 10/1996, do 5 de novembro, de actuación de entes e empresas nas que ten participación maioritaria a Xunta de Galicia, en materia de persoal e contratación. Os interesados poderán consulta-las bases desta convocatoria no DOG do 9-10-2002. O exame teórico/práctico non se realizará antes dun mes desde que se publique esta convocatoria, de acordo co disposto no artigo 4 da Lei 10/1996. Os baremos estarán á disposición dos interesados no taboleiro de anuncios da fundación e tamén poderán solicitarse no nº de fax 981 54 67 28.

A resolución dos resultados da selección coa lista dos candidatos aptos por orde de prelación poderá consultarse unha vez terminado o proceso nos taboleiros de anuncios de tódolos centros de traballo da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Santiago de Compostela, 3 de outubro de 2002.

Carmen Rial Lobatón

Directora da Fundación Pública Urxencias

Sanitarias de Galicia-061

PADROADO PARA O DESENVOLVEMENTO DO PLAN

DE EXCELENCIA TURÍSTICA

CONCELLOS DO GROVE

E SANXENXO