Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Mércores, 09 de outubro de 2002 Páx. 14.543

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de información pública.

A Comisión de Goberno do Concello, na sesión que tivo lugar o día 23 de setembro de 2002, aprobou inicialmente a delimitación da área de servicio de San Caetano, promovida polas mercantís Galuresa e restaurantes Mc Donald's, e a actuación polo sistema de compensación de propietario único.

En cumprimento do que dispón o artigo 121 e 126 da Lei 1/1997, do solo de Galicia (LSG), o expediente sométese a información pública durante o prazo de vinte días, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun xornal de circulación na provincia. Durante este prazo, os interesados poderán consulta-lo expediente na Sección de Planeamento e Xestión e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas.

Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2002.

Luís Toxo Ramallo

Concelleiro delegado de Urbanismo