Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Mércores, 09 de outubro de 2002 Páx. 14.542

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 26 de setembro de 2002 pola que se anuncia o concurso que se cita.

Obxecto do contrato: é a execución das obras de acondicionamento de edificio no polígono de Sar de

acordo co proxecto elaborado pola empresa municipal Emuvissa.

Tipo de licitación: 108.182,17 euros, IVE incluído.

Prazo de execución: o prazo de execución do contrato será de 3 meses contados a partir da data da acta de comprobación do replaneamento.

Forma de adxudicación: concurso por procedemento aberto.

Proposicións: os licitadores poderán presentar proposicións no rexistro xeral do Concello de Santiago de Compostela en horas de 9 a 14, dentro do prazo de vinteseis días naturais, contados desde o día seguinte á data da derradeira das publicacións que corresponden facer no Diario Oficial de Galicia e no BOP da Coruña.

Información: Concello de Santiago de Compostela (Sección de Contratación). Teléfono: 981 54 30 33. Fax: 981 57 76 27.

Documentación: Copy Nova. R/ Nova de Abaixo, nº 12, local 4. Teléfono e fax: 981 59 23 93.

Clasificación: non se esixe.

Criterios de adxudicación: son os sinalados no punto 15.3.3 do prego de cláusulas administrativas.

Garantías:

Provisional: 2.163,64 euros.

Definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

Apertura de plicas: terá lugar en acto público na casa do concello (secretaría) ás 12 h, o segundo día hábil seguinte, non sábado, á finalización do prazo de presentación de proposicións.

Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2002.

José A. Sánchez Bugallo

Alcalde