Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Mércores, 09 de outubro de 2002 Páx. 14.543

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VERÍN

EDICTO sobre convocatoria de concurso para a xestión do servicio municipal de gardería infantil.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Verín. b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría. c) Número de expediente: 211/2002.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: a xestión do servicio municipal de gardería infantil.

b) Lugar: concello de Verín.

c) Duración do contrato: 1 ano (prorrogable por un ano máis).

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente. b) Procedemento: aberto. c) Forma: concurso.

4. Canon que percibirá o concello: será fixado e ofrecido ó concello polos participantes no concurso a través da proposición que presenten, estando incluídos nel o IVE e todo tipo de impostos; terá carácter anual e percibirase por mensualidades vencidas.

5. Garantías.

Provisional: 300 euros.

Definitiva: 600 euros.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Verín. b) Domicilio: praza do Concello. c) Localidade e código postal: Verín, 32600. d) Teléfono: 988 41 03 34. e) Fax: 988 41 19 00. f) Data límite da obtención de documentos e información: o oitavo día natural (oito días naturais), que se contarán a partir do seguinte ó da publicación do presente edicto no DOG (se o último día do prazo coincidise con sábado, domingo ou con festivo, prorrogarase ata o seguinte día natural non festivo).

7. Presentación das proposicións.

a) Data límite de presentación: o oitavo día natural (oito días naturais), que se contarán a partir do seguinte ó da publicación do presente edicto no DOG (se o último día do prazo coincidise con sábado, domingo ou festivo, prorrogarase ata o seguinte día natural non festivo).

b) Documentación que integrará as ofertas: a que se indica na cláusula correspondente das do prego que rexe a contratación.

c) Lugar de presentación: (mesmos datos punto 6).

d) Prazo durante o cal o licitador se obriga a mante-la súa oferta: ata a sinatura do contrato.

8. Constitución da mesa e apertura das ofertas.

a) Data: o primeiro día natural seguinte ó de finalización do prazo para presentar proposicións, salvo

que coincida con sábado, domingo ou festivo, suposto no cal, a licitación terá lugar o primeiro día natural posterior.

b) Hora: 12 horas.

c) Data de apertura das ofertas: o quinto día hábil seguinte ó da constitución da mesa, ás 12 horas.

9. Outras informacións.

a) Criterios de valoración: os que se sinalan nas bases da contratación.

b) Aprobación expediente de contratación: decreto da Alcaldía do 25-9-2002.

c) Consulta documentación: Secretaría Municipal.

11. Gastos de anuncios: serán sempre por conta do adxudicatario.

Verín, 25 de setembro de 2002.

Juan Manuel Jiménez Morán

Alcalde