Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Mércores, 09 de outubro de 2002 Páx. 14.541

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA GUARDA

ANUNCIO.

Por resolución da Alcaldía do 1 de outubro de 2002, foi aprobado o prego de cláusulas administrativas particulares que rexerá o concurso urxente por procedemento aberto das obras de reforma da urbanización do contorno comercial Centro da Guarda, fase 1ª, o cal se expón ó público por prazo de 8 días contados a partir do seguinte ó da inserción deste anuncio no DOG para que poidan presentarse reclamacións.

Simultaneamente, anúnciase concurso urxente, se ben a licitación se aprazará canto sexa necesario, no suposto de que se formulen reclamacións contra o prego de condicións.

a) Entidade adxudicadora.

Órgano: Concello da Guarda. Praza do Reló, nº 1.

Teléfono: 986 61 00 00-986 61 02 83.

Obxecto: reforma da urbanización do contorno comercial Centro da Guarda, fase 1ª.

Prazo: 3 meses.

b) Modalidade de adxudicación.

Concurso público, procedemento urxente aberto.

c) Orzamento.

148.802,50 euros.

d) Garantía provisional.

Será do 2% do orzamento.

e) Obtención de documentación e información.

Lugar: secretaría do concello. Praza do Reló, 1.

Teléfono: 986 61 00 00-986 61 02 83.

Data límite de obtención de documentos e de información: 13 días naturais contados a partir do día seguinte ó de publicación deste anuncio no DOG.

f) Presentación de ofertas.

Data límite: 13 días naturais contados a partir do día seguinte ó de publicación deste anuncio no DOG.

Documentación: a proposición presentarase segundo establece o punto 14 do prego.

Lugar: a secretaría do concello en días laborables de 9 a 14 horas.

g) Apertura de ofertas.

A apertura das proposicións realizadas farase segundo o establecido no punto 15 do prego.

h) Gastos.

Correrán por conta do adxudicatario.

A Guarda, 2 de outubro de 2002.

José Luis Alonso Riego

Alcalde