Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Mércores, 09 de outubro de 2002 Páx. 14.540

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA GUARDA

ANUNCIO.

Por resolución da Alcaldía do 25 de setembro de 2002, foi aprobado o prego de cláusulas administrativas-técnicas que rexerán na contratación polo procedemento aberto da subministración para instalación e equipamento da gardería municipal, o cal se expón ó público polo prazo de oito días contados a partir do seguinte ó da inserción deste anuncio no DOG para que poidan presentarse reclamacións.

Simultaneamente, anúnciase o concurso se ben a licitación se aprazará, cando resulte necesario, no suposto de que se formulen reclamacións contra o prego de condicións.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Alcaldía.

Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

2. Obxecto do contrato.

Descrición: subministración para a instalación e equipamento da gardería municipal.

Prazo de entrega: 3 meses a partir da notificación da adxudicación.

3. Tramitación, procedemento e forma.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Orzamento base: 33.055,67 euros.

Criterios de selección para a adxudicación da obra: cláusula 2 do prego.

5. Garantías.

Definitiva: 4% do orzamento de adxudicación.

Prazo: 1 ano desde a recepción formal da subministración.

6. Obtención de documentación e información.

Entidade: rexistro xeral do concello.

Domicilio: praza do Reló.

Data límite para solicitar presentación: 15 días naturais a partir da publicación do edicto de licitación no DOG.

7. Presentación de ofertas.

Prazo: cláusula 14 do prego.

Documentación: cláusula 13 do prego.

Lugar de presentación: rexistro xeral do concello.

8. Apertura de ofertas.

Entidade, domicilio e localidade: Concello da Guarda, praza do Reló (A Guarda).

Data e hora: 13 horas do primeiro día hábil seguinte ó de finalización do prazo de presentación de ofertas.

9. Gastos dos anuncios.

Serán por conta dos adxudicatarios.

A Guarda, 26 de setembro de 2002.

José Luis Alonso Riego

Alcalde