Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Mércores, 09 de outubro de 2002 Páx. 14.540

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO GROVE

ANUNCIO.

Anúnciase que a Comisión Municipal de Goberno, en sesión extraordinaria do 25 de setembro de 2002, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Aprobar inicialmente o proxecto de urbanización do primeiro tramo da vía de acceso ás industrias do Porto de Meloxo-Virxe das Mareas).

De conformidade co disposto no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese o citado expediente a exposición pública polo prazo dun mes, que empezará a contar a partir do día seguinte ó da última publicación oficial deste anuncio, para que tódalas persoas interesadas poidan achega-las alegacións que coiden pertinentes.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer no disposto no artigo 59 da LRX-PAC.

O Grove, 25 de setembro de 2002.

Miguel Ángel Pérez García

Alcalde