Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Mércores, 09 de outubro de 2002 Páx. 14.541

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MEIS

ANUNCIO.

Aprobado polo Pleno do Concello de Meis, o prego de condicións xurídicas e económico-administrativas que rexerán a contratación plurianual, por concurso, procedemento aberto e tramitación urxente, da obra: construcción de centro multiusos; queda exposto ó público durante catro días hábiles, contados desde o seguinte á publicación do último anuncio no BOP ou no Diario Oficial de Galicia, co obxecto de presentación de reclamacións.

Simultaneamente anúnciase concurso público, se ben a licitación se aprazará no caso de presentarse reclamacións ó prego de cláusulas administrativas.

a) Obxecto e prezo de licitación: construcción de centro multiusos. Prezo 601.012,11 A, IVE incluído.

b) Imputación créditos anuais: anualidade 2002: 320,203 A; anualidade 2003: 156.262,57 A; anualidade 2004: 124.546,54 A.

c) Tramitación: urxente; procedemento: aberto; forma: concurso.

d) Garantías:

Provisional: 2% do tipo de licitación (12.020,24 A).

Definitiva: 4% do importe da adxudicación.

e) Prazo de execución: seis meses.

f) Obtención de documentación e información:

O modelo de proposición, pregos de cláusulas administrativas e demais documentación están á disposición dos interesados nas oficinas municipais tódolos días hábiles, das 9 ás 14 horas.

g) Presentación de proposicións: nas oficinas deste Concello, das 9 ás 14 horas, no prazo de 13 días naturais a partir do seguinte á publicación do último anuncio no BOP ou no Diario Oficial de Galicia.

h) Criterios de adxudicación: melloras no proxecto técnico, reducción do prazo de execución.

i) Apertura de proposicións: no salón de sesións do Concello, ás 12 horas do terceiro día hábil seguinte a aquel en que finalice o prazo de presentación de propostas.

Meis, 1 de outubro de 2002.

José Luis Pérez Estévez

Alcalde