Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Mércores, 09 de outubro de 2002 Páx. 14.536

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 24 de setembro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifican as incoacións dos expedientes sancionadores PO-EN-2002/13 e outro máis (espacios naturais-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanselles ás persoas que no anexo se mencionan, as incoacións dos expedientes sancionadores, por infraccións á Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza.

Que así mesmo, designo instructora do expediente a Pilar Pita Ponte e secretaria a Rosa María Siota Diéguez.

O que se notifica, para os efectos previstos no artigo 29 da devandita Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, podendo recusalos en calquera momento do expediente por algunha das causas previstas no artigo 28 da mentada lei.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os denunciados disporán dun prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para formula-las alegacións, achega-los documentos ou xunta-las probas que conveñan ó seu dereito, advertíndolles que de non efectuar alegación ningunha no prazo fixado, estes acordos de incoación poderán ser considerados propostas de resolución, de darse os supostos previstos no artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE 9 de agosto).

Pontevedra, 24 de setembro de 2002.

José Antonio López Rodríguez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

-Expediente: PO-EN-2002/13.

Denunciado: Miguel Ángel Martínez Hermida, enderezo r/ Barrio Iglesia, nº 71 de Zamáns-Vigo (Pontevedra).

DNI: 36.114.032.

Feitos denunciados: acendemento de lume nos lugares non permitidos nos instrumentos de planificación do Parque Natural do Monte Aloia.

O denunciado que foi notificado en primeiro lugar arredor das 11 horas polo vixiante Rafael Costas e posteriormente polo axente, alegou que o devandito lume, situado dentro dun pequeno bidón enriba dunhas pedras a escasamente uns cinco centímetros do chan pero soltando cinzas no terreo no cal estaba situado, non revestía perigo xa que o tiñan vixiado.

Cabe subliñar que o denunciado e os seus acompañantes non dispuñan de ningún medio de extinción.

Feitos denunciados o día 7 de xullo de 2002 no Parque Natural do Monte Aloia no lugar de Pazos de Reis, no termo municipal de Tui.

Data do acordo da incoación: 23-7-2002.

Precepto infrinxido: artigo 62 da Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza, en relación co punto 6.2º m) do Plan de Ordenación dos Recursos Naturais do Parque Natural Monte Aloia, aprobado por Decreto 274/2001, do 27 de setembro.

Precepto sancionador: artigo 69 da Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza.

Sanción: 60,10 euros.

-Expediente: PO-EN-2002/20.

Denunciado: Manuel Gil Rodríguez, enderezo r/ Costal (Castiñeiriño), nº 9 de Ribadelouro-Tui (Pontevedra).

DNI: 37.348.541.

Feitos denunciados: usar 20 metros cadrados de terreo do Parque Natural do Monte Aloia para dedicalos a xardín sen contar con autorización.

Feitos denunciados o 12 de xuño de 2002.

Coa mesma data presenta outra denuncia polo seguinte:-Obstrucción e resistencia ó labor inspector e vixiante no exercicio das miñas funcións no Parque Natural do Monte Aloia. O denunciado obstruíu o meu labor de inspección cando fotografaba un abandono de residuos depositados por el mesmo, increpándose a saír de alí xa que el pagaba polo dito terreo do parque natural.

Con data 13 de xuño de 2002 presenta outra denuncia contra a mesma persoa polo seguinte:-Abandono ou depósito de residuos no Parque Natural do Monte Aloia. O denunciado ten amoreados fronte á súa vivenda, pero nos terreos do parque, residuos de forxado (ferros, madeiras, cañotas de raíces e un vehículo semidesguazado).

Con data 19 de xuño de 2002 presenta outra denuncia contra Manuel Gil Rodríguez polo seguinte:-Uso do terreo do Parque Natural Monte Aloia para depositar dous camións de terra sen ningunha autorización.

Data do acordo da incoación: 24-7-2002.

Precepto infrinxido: artigo 64 puntos 3.4 e 7 da Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza, en relación co punto 6 do Plan de Ordenación dos Recursos Naturais do Parque Natural Monte Aloia, aprobado polo Decreto 274/2001, do 27 de setembro.

Precepto sancionador: artigo 69 da Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza.

Sanción: 6.611,13 euros e restauración do medio natural ó ser e estado previos ós feitos constitutivos da infracción e, de non cumpri-lo ordenado impoñeranse multas coercitivas ata o total cumprimento do ordenado.