Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Mércores, 09 de outubro de 2002 Páx. 14.533

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de setembro de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/15).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e declaración de utilidade pública, en concreto, das instalacións eléctricas que a continuación se detallan:

-Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

-Enderezo social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

-Denominación: L.M.T. Picota-Campo Feria.

-Situación: Cerceda.

-Características técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión a 20 kV, sobre apoios de formigón e metálicos, con conductor LA-56, de 2.429 m de lonxitude, coa orixe na liña Picota-Francelos e final no apoio anterior ó C.T. Lavandeiras. No termo municipal de Cerceda.

O expediente someteuse ós trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

Na fase de información pública presentáronse as seguintes alegacións:

Gumersinda García Lamas, como herdeira de Emilio García Grela, propietario do predio nº 4/1, manifesta que na zona existen máis predios pertencentes ó seu pai. Solicita que persoal de Unión Fenosa Distribución, S.A., unha vez no predio, lle sexa sinalado o trazado da dita liña co obxecto de poder determinar se afecta a máis predios.

Unión Fenosa Distribución, S.A. manifesta que esta sociedade se porá en contacto coa sra. García para amosarlle o trazado proxectado, tal e como solicita no seu escrito.

Jesús Fuentes García, propietario do predio nº 12, manifesta que se opón á declaración de utilidad pública, dado que a entidade expropiante pode instala-la L.M.T. por outros lugares menos gravosos para o expropiado, incluso sen chegar a afectar ó predio. Que o predio queda cortado pola metade perdendo todo o seu valor. Engade ademais que o predio ten unha plantación de eucaliptos co cal haberá que cortalos cunha mingua económica importante.

Unión Fenosa Distribución, S.A. manifesta que o expediente non foi declarado de utilidade pública, encontrándose no período de información pública. Que non foi posible proxecta-lo dito trazado seguindo os lindeiros de predios por propiedade privada polo feito da excesiva parcelación de predios existente na zona. Menciona o Decreto 3151/1998, R.T.L.E.A.T., en especial o artigo 4. Que se non se chega a un acordo amigable, poderá presentar folla de aprecio valorando tódolos prexuízos que estime co fin de que o Xurado Provincial de Expropiación determine o prezo xusto definitivo.

Vista a Lei 54/1997, do 27 de novembro, e o Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, esta delegación provincial resolve:

Autorizar, aproba-lo proxecto e declarar de utilidade pública, en concreto, as devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran no anteproxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

As instalacións executaranse nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquer outro recurso que estime pertinente ó seu dereito.

A Coruña, 9 de setembro de 2002.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL

E TURISMO