Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Mércores, 09 de outubro de 2002 Páx. 14.533

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de setembro de 2002, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/63-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, Velle, 32960 Ourense.

Denominación: L.M.T.S., C.T., Escultor Faílde, 1-L.

Situación: Ourense.

Características técnicas: liña soterrada a 20 kV de 25 m con orixe na L.M.T.S. ó C.T. Pablo Iglesias e remata na L.M.T.S. ó C.T. edificio U. Fenosa logo de alimenta-lo C.T. tipo interior con 400 kVA, r/t 20.000/380-220 V. No edificio nº 1 da r/ Escultor Faílde.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra esta resolución poderá interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte

ó da súa notificación. Tamén se pode interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Ourense, 6 de setembro de 2002.

Ramón Fernández-Linares Bouza

Delegada provincial de Ourense