Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Mércores, 09 de outubro de 2002 Páx. 14.520

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 9 de setembro de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo de comercio vario da provincia da Coruña.

Visto o expediente do convenio colectivo de comercio vario da provincia da Coruña (código convenio 1503955) que tivo entrada nesta delegación provincial o día 2-9-2002, subscrito en representación da parte económica por Asomatel, materiais de construcción; asociación de téxtil; asociación de pel, e da parte social, por UGT, CC.OO., e CIG o día 22-8-2002, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo desta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo depósito do citado acordo no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no BOP e no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 9 de setembro de 2002.

María Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

Convenio de comercio vario da provincia da Coruña

2002-2003

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

Este convenio será de aplicación para tódalas empresas e traballadores da provincia da Coruña dedicadas ó comercio, dentro das actividades de comercio en calquera das súas modalidades (maior, menor, etc.) de productos de material eléctrico, electrónico e informático, comercio de todo tipo de maquinaria, comercio de materiais de construcción, pinturas, vernices, material de saneamento e material de decoración, comercio de máquinas, accesorios e útiles agrícolas, incluídos tractores, repostos e accesorios de vehículos de motor, comercio de reloxos, xoiería e pratería, comercio de vehículos de motor, motocicletas ciclomotores, bicicletas, comercio de téxtil, comercio de pel e, en xeral, a todas aquelas empresas que dentro da actividade do comercio non estean encadradas no ámbito fun

cional doutro convenio de sector ou empresa e, sempre que estas condicións superen globalmente as aquí pactadas.

Artigo 2º.-Vixencia e duración.

Este convenio terá vixencia, para tódolos efectos, desde o 1 de xaneiro de 2002 ata o 31 de decembro de 2003.

Calquera das partes poderá denuncia-lo convenio con, polo menos, dous meses de antelación ó remate da súa vixencia mediante as formalidades previstas no artigo 87 do Estatuto dos traballadores.

Artigo 3º.-Comisión mixta.

Cantas dúbidas e diverxencias poidan xurdir entre as partes na obriga e interpretación do convenio serán sometidas obrigatoriamente e como trámite previo á comisión mixta, que estará integrada paritariamente por catro vocais representantes das centrais sindicais asinantes deste convenio e catro dos empresarios afectados por el.

A comisión será convocada por calquera das partes, bastando para isto unha comunicación escrita na que se expresen data, lugar e hora para a celebración da reunión, a cal deberá contestarlle á outra parte nun prazo non superior a tres días. A reunión celebrarase no prazo improrrogable de 10 días desde a recepción da comunicación desta pola outra parte.

Artigo 4º.-Condicións máis beneficiosas.

Tódalas cláusulas económicas, ou de calquera índole, contidas neste convenio, estimadas no seu conxunto, establécense co carácter de mínimas, polo que outros pactos, cláusulas ou situacións actualmente vixentes nas distintas empresas que impliquen condicións máis beneficiosas cás convidas, serán respectadas e non absorbidas.

Artigo 5º.-Xornada de traballo.

Será de 40 horas á semana cun cómputo anual máximo de 1.800 horas de traballo efectivo distribuído da seguinte forma:

A) Para comercio téxtil acórdase o seguinte: a xornada máxima de traballo queda establecida en 40 horas semanais de media en cómputo anual. Se como consecuencia dalgunha norma de carácter xeral e rango superior se decretase a reducción de xornada, reducirase, nos termos que estableza esta norma, a xornada establecida neste convenio.

Respectando o número de horas anuais de traballo convidas, cada empresa poderá realizar distribucións irregulares de xornada, respectando o número máximo diario de nove horas e o descanso semanal previsto no punto 1º do artigo 37 do Estatuto dos traballadores, por períodos de ata catro semanas, ou a súa separación respecto do correspondente ó día completo para o seu desfrute noutro día da semana.

B) Para o resto do sector, a xornada de traballo será de 40 horas semanais desde o luns ata as 14 horas do sábado, con carácter xeral.

A parte empresarial negociadora deste convenio, reserva para si o dereito de facer extensiva a xornada ás tardes do sábado, se as circunstancias do mercado o fan conveniente.

As xornadas dos sábados-ponte poderán substituírse por outras horas de traballo por acordo en cada empresa.

Artigo 6º.-Vacacións.

Acórdase o seguinte:

A) Para comercio téxtil: os traballadores afectados por este convenio desfrutarán de 30 días naturais de vacacións retribuídas, coa posibilidade de fraccionamento non superior a dous períodos, salvo acordo entre traballador e empresa.

O calendario de vacacións fixarase en cada empresa. Procurarase que os traballadores desfruten das súas vacacións de forma rotatoria.

O traballador coñecerá as datas que lle corresponden dous meses antes ó comezo do desfrute e, anunciaranse no taboleiro de anuncios do centro de traballo. Enténdese que o traballador estará informado de tales datas coa simple exposición destas no citado taboleiro de anuncios.

Cando o traballador cese no transcurso do ano terá dereito á parte proporcional das súas vacacións ou ó aboamento económico delas.

B) Para o resto do sector: concederanse 30 días naturais, dos cales 15 días, como mínimo, terán que ser entre os meses de marzo a setembro, ámbolos dous incluídos. De ser posible desfrutarase o período de vacacións ininterrompidamente nos ditos meses.

O calendario de vacacións fixarase en cada empresa. O traballador ten dereito a coñece-la data do inicio con dous meses de antelación.

Os traballadores que desfruten dalgún período de vacacións entre o 31 de outubro e o 28 de marzo percibirán unha gratificación de 12,02 euros.

Artigo 7º.-Salario hora profesional.

Para a súa determinación teranse en conta os conceptos seguintes:

A) Salario base.

B) As pagas extraordinarias de marzo, xullo e Nadal, na medida que se pacte este convenio.

C) O premio de antigüidade consolidada.

D) Complemento de permanencia na empresa.

Os conceptos anteriores refírense á xornada establecida neste convenio.

Artigo 8º.-Salario base.

Os salarios base establecidos por cada grupo e categoría profesional, por unidade de tempo, son os que se recollen nos anexos I, II, e, III.

Artigo 9º.-Antigüidade.

As cantidades que viñeran percibindo os traballadores en concepto de antigüidade a 31 de decem

bro de 1998 denominaranse «complemento persoal por antigüidade consolidada», non sendo nin absorbibles nin compensables e incrementándose tódolos anos na mesma proporción que se incremente o salario base. Excepto para o comercio téxtil e comercio de pel que será a 1 de xaneiro de 2001. Para o comercio téxtil o complemento de antigüidade inamovible (CAI) manterá o mesmo réxime xurídico que ata o momento ten, ou sexa, a contía do CAI quedará conxelada entre tanto o traballador permaneza na empresa.

Artigo 10º.-Complemento de permanencia na empresa.

A partir do 1 de xaneiro de 1999, excepto para comercio téxtil que será a partir do 1 de xaneiro de 2002, os traballadores percibirán a cantidade de 12,02 euros ó mes por cada catro anos de permanencia na empresa. A aplicación levarase a cabo a partir do último tramo devengado na modalidade de complemento de antigüidade.

Artigo 11º.-Horas extraordinarias.

Aboaranse cun 75% de incremento sobre a hora ordinaria, segundo a normativa vixente. Poderán compensarse con horas de descanso na mesma proporción.

A realización de horas extraordinarias será voluntaria para o traballador.

Nos días de vendas especiais de decembro, xaneiro e xullo poderase prolonga-la xornada en tempo suficiente, retribuíndoo como horas extraordinarias.

Consideraranse horas estructurais as precisas en épocas punta de venda para a realización de inventario.

Suprímense as horas extraordinarias habituais.

A dirección da empresa informará periodicamente o comité de empresa, os delegados de persoal, delegados sindicais sobre o número de horas extraordinarias realizadas, especificando as causas e, se é o caso, a distribución por seccións.

Así mesmo, en función desta información e dos criterios máis arriba sinalados, a empresa e os representantes legais dos traballadores determinarán o carácter e natureza das horas extraordinarias.

Artigo 12º.-Gratificacións extraordinarias.

Establécense tres pagas extraordinarias que se farán efectivas nos días laborables inmediatamente anteriores ó 15 de xullo, ó 22 de decembro e dentro do primeiro trimestre do ano a correspondente ó mes de marzo.

As tres aboaranse cunha mensualidade de salario base, complemento de permanencia na empresa e do complemento persoal por antigüidade consolidada, poderán ratearse por mensualidades por acordo entre a empresa e os traballadores.

Artigo 13º.-Complemento de transporte.

Este complemento será percibido en todos aqueles casos en que a empresa non transporte os traba

lladores desde as inmediacións dos seus domicilios ós seus respectivos centros de traballo.

Así mesmo, aínda dispoñendo de transporte propio, déixase á libre vontade dos traballadores utilizalo ou non, percibindo o traballador neste último caso o importe correspondente ó complemento establecido, sendo a contía do citado complemento a que figura nos respectivos anexos, equivalentes ás que figuran tamén nos respectivos anexos por día de traballo.

Artigo 14º.-Período de proba.

O ingreso de traballadores considerarase feito a título de proba, de acordo coa seguinte escala correspondente á clasificación do persoal nos distintos grupos profesionais. A saber:

-Grupo de mandos: seis meses.

-Grupo de técnicos: seis meses.

-Grupo de profesionais: un mes.

-Grupo de iniciación: un mes.

Durante este período tanto o traballador como a empresa poderán, respectivamente, desistir da proba ou proceder ó despedimento, sen aviso previo, sen que ningunha das partes teña por iso dereito a indemnización.

Transcorrido o prazo referido o traballador pasará a figurar no cadro de persoal da empresa e o tempo que servise en calidade de proba seralle computado, para efectos de aumentos periódicos, polo tempo de servicio que establece este convenio.

Os períodos de proba sinalados non son de carácter obrigatorio e as empresas poderán, en consecuencia, proceder á admisión do persoal, con renuncia expresa, total ou parcial á súa utilización.

Artigo 15º.-Contratos de traballo.

O persoal, atendendo á súa permanencia clasificarase en: fixo, temporal e interino.

O persoal que non sexa fixo deberá, necesariamente, subscribir contrato escrito de acordo co establecido no Estatuto dos traballadores e demais normas vixentes sobre contratación laboral.

Artigo 16º.-Licencias retribuídas.

O persoal da empresa terá dereito a licencia con soldo en calquera dos casos seguintes:

a) Por matrimonio do traballador 15 días.

b) Dous días por asuntos propios, que poderán ser acumulados ás vacacións, logo de acordo coa empresa.

c) Nacemento de fillo, morte ou enfermidade do cónxuxe, ascendentes e descendentes ata segundo grao por consanguinidade ou afinidade. A duración desta licencia será de ata cinco días, téndose en conta para iso os desprazamentos que o traballador teña que facer e as demais circunstancias que no caso concorran.

d) Un día por traslado de domicilio habitual.

e) Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal.

f) Cando conste en forma legal ou convencional un tempo determinado, aplicarase o que esta dispoña.

g) Polo tempo establecido legal ou convencionalmente para realizar funcións sindicais ou de representación de persoal.

Artigo 17º.-Roupas de traballo.

As empresas entregarán a cada traballador, que o deberan recibir ó inicia-lo seu traballo, dous uniformes de traballo e dous equipos de protección necesarias, de acordo coas normas de seguridade e hixiene no traballo.

Estas pezas de roupa serán renovadas a medida que o uso as deteriore, e en calquera caso a empresa deberá facer entrega de dúas novas cada ano ó iniciarse este.

Artigo 18º.-Xubilación.

A xubilación será obrigatoria ós 65 anos para todos aqueles traballadores con dereito ó 100% da base reguladora.

Artigo 19º.-Seguro de invalidez ou morte.

As empresas subscribirán un seguro que cubra os seguintes riscos, por accidente, durante as 24 horas do día:

Por morte ou invalidez absoluta ou total ocasionada por accidente, 18.000 euros.

As empresas que contratasen o correspondente seguro cunha compañía aseguradora non responderán, en ningún caso, do pagamento das indemnizacións por accidente aquí pactada.

Artigo 20º.-Cláusula de desvinculación.

Os compromisos en materia salarial contidos neste convenio serán de aplicación para tódalas empresas afectadas polo ámbito deste convenio.

Para as empresas que pretendan acollerse á cláusula regulada neste artigo establécense os seguintes mecanismos:

1º Comisión paritaria do convenio.

2º Negociación coa representación legal dos traballadores.

3º Mecanismos do AGA.

A tódolos mecanismos citados anteriormente achegaráselle a seguinte documentación:

-Acreditación por medio da contabilidade dos resultados dos tres últimos exercicios nos que se demostre que durante estes se producen perdas reais.

-Plan de viabilidade para o período que se pretende a aplicación da dita cláusula de atención e a xustificación económica, e a súa repercusión real na mellora global dos resultados da empresa.

Na súa aplicación poderán pactarse reduccións sobre as porcentaxes de incrementos negociados ou a súa total inaplicación polo período que se determine; neste último caso aplicaranse os aspectos económicos nos mesmos termos que figuran no convenio anteriormente vixente.

Os representantes legais dos traballadores, membros da comisión paritaria, así como os seus asesores, están obrigados a tratar e mante-la maior reserva da información recibida e os datos ós que tivesen acceso, como consecuencia do establecido nos parágrafos anteriores, observando, por conseguinte, respecto a todo isto, sixilo profesional.

Artigo 21º.-Contratación eventual.

Son traballadores eventuais aqueles admitidos para atende-las esixencias circunstanciais do mercado, acumulación de tarefas ou pedidos aínda tratándose da actividade normal da empresa, sempre que así conste por escrito.

Os traballadores así contratados terán os mesmos dereitos e igualdade de trato que os demais traballadores do cadro, salvo as limitacións que se deriven da natureza e duración do contrato.

O contrato previsto no artigo 15.1º b) do E.T. poderá ter unha duración máxima de 12 meses nun período de 16.

Artigo 22º.-Contratación indefinida.

As empresas obríganse a ter unha porcentaxe de emprego fixo respecto ó cadro de persoal total, de polo menos, un 50%.

Á petición da representación legal dos traballadores, as empresas entregarán por escrito á dita representación, semestralmente, a relación de traballadores coa modalidade de contrato que ten cada un deles, a comisión paritaria poderá requirir ás empresas a mesma información.

En canto ó fomento da contratación indefinida aplicarase o regulado na lexislación vixente.

Artigo 23º.-Mobilidade xeográfica.

Será facultade da empresa o traslado de persoal a outro centro de traballo da empresa, sempre que se encontre en municipios limítrofes ou sempre que a distancia non supere os 20 km. A empresa deberá aboarlle ó traballador a diferencia do prezo do traslado desde o seu domicilio ó novo centro de traballo, se é que a houber. No resto dos casos aplicarase o disposto no E.T.

Artigo 24º.-Enfermidade ou accidente.

Sen prexuízo das demais condicións máis favorables que estivesen establecidas nas empresas, en caso de enfermidade común ou profesional e de accidente, sexan ou non de traballo, observaranse as seguintes normas:

1. As empresas aboarán ós traballadores que estean en situación de baixa por incapacidade temporal, e durante o tempo que dure tal situación, os soldos

e xornais íntegros, sen ningún desconto, aínda no caso de substitución do traballador enfermo, excepción feita das deduccións para cotizacións á Seguridade Social, cotizacións, etc.; sempre que sexan de carácter obrigatorio.

2. Ó persoal que, en caso de enfermidade común ou accidente non laboral, non teña cumprido un período de cotización de 180 días, dentro dos cinco anos anteriores ó feito causante, a empresa virá obrigada a satisface-la retribución básica ata que sexa cuberto este período de cotización.

Artigo 25º.-Xubilación especial ós 64 anos.

Ós 64 anos poderán facer uso os traballadores da xubilación especial co 100% dos dereitos pasivos, debendo a empresa contratar en forma simultánea a traballadores desempregados rexistrados na oficina de emprego por calquera das modalidades de contrato vixentes na actualidade, excepto as contratacións a tempo parcial, cun período mínimo de duración dun ano. A aplicación deste artigo será incompatible coa do 18º deste convenio.

Artigo 26º.-Axudas de custo.

A axuda de custo completa será de 36 euros e a media axuda de custo será de 10 euros.

Terán dereito a percibir axuda de custo completa o traballador que teña que pernoitar fóra do seu domicilio habitual e media axuda o que teña que efectua-la comida principal fóra do lugar habitual, por realizar tarefas fóra do centro de traballo.

Artigo 27º.-Dereitos sindicais.

As empresas respectarán o dereito dos traballadores a sindicarse libremente.

Os traballadores afiliados a un sindicato ou asociación legalmente constituídos poderán distribuír información e recadar cotas fóra das horas de traballo sen perturba-la actividade normal da empresa.

A requirimento dos traballadores afiliados a un sindicato, con incidencia superior ó 15% do cadro de persoal do centro de traballo, as empresas descontarán na nómina do persoal, o importe da cota sindical correspondente. O traballador interesado remitirá un escrito á empresa no que expresará a orde de desconto, a central á que pertence, a contía da cota, así como o número da conta corrente á que debe ser transferida a cantidade.

As empresas efectuarán as anteditas detraccións, salvo indicación en contrario, durante períodos dun ano.

Os representantes dos traballadores elixidos conforme a normativa vixente disporán dun crédito de horas para o desenvolvemento da súa actividade sindical.

As horas retribuídas dos membros do comité de empresa ou delegados de empresa de máis de 30 traballadores poderán acumularse para seren desfrutadas por un ou varios entre eles, sen excede-lo número total, e logo de acordo dos interesados, noti

ficado á dirección da empresa con oito días de antelación ó comezo do mes de que se trate e non supoña alteración grave do réxime laboral desta.

Artigo 28º.-Salario e garantías salariais.

O salario base será o que figure nas táboas salariais, anexos I, II e III deste convenio. A táboa do anexo I será de aplicación ás empresas dedicadas ás modalidades de comercio citadas no artigo 1º, ámbito de aplicación deste convenio incluídas as de nova creación sexa cal sexa a actividade de comercio á que se dediquen. As empresas de comercio téxtil e de comercio de pel que na data do 1 de xaneiro de 2001 viñan aplicando os convenios respectivos, aplicarán as táboas salariais do anexo II, e anexo III, respectivamente.

-O incremento económico para o ano 2002 será do 2,5% para salario base e complemento de transporte, e, antigüidade consolidada.

-O incremento económico para o ano 2003 será do IPC previsto máis 0,5% para salario base e complemento de transporte, e antigüidade consolidada.

O incremento salarial establecido terá carácter retroactivo desde o 1 de xaneiro de 2002 e, tanto as novas táboas, como os atrasos correspondentes, deberán ser aboados no prazo máximo da nómina do mes seguinte a partir da data.

As táboas do salario base do anexo II e o anexo III, igualaranse ás do anexo I en varios tramos, de acordo coas disposicións transitorias 1ª e 2ª.

Cláusula de revisión salarial: en caso de que o IPC real do ano 2002 sexa superior ó IPC previsto na Lei de orzamentos xerais do Estado para o dito ano, producirase unha revisión salarial polo dito exceso. Esta revisión será ó obxecto de calcula-los salarios do ano seguinte.

En caso de que o IPC real do ano 2003 sexa superior ó IPC previsto na Lei de orzamentos xerais do Estado para o dito ano, producirase unha revisión polo dito exceso. A dita revisión será ó obxecto de calcula-los salarios do ano seguinte.

As táboas do salario base do anexo II e do anexo III, igualaranse ás do anexo I en varios tramos, de acordo coas disposicións transitorias 1ª e 2ª.

Artigo 29º.-Anticipos.

Os traballadores que perciban os seus salarios en liquidación mensual, poderán percibir semanal ou quincenalmente, anticipos por un importe igual ós salarios devengados.

Artigo 30º.-Promoción profesional.

O auxiliar administrativo que teña unha antigüidade de cinco anos nesta categoría, pasará automaticamente á categoría de oficial administrativo, sempre que non exista persoal con esa categoría na empresa.

Artigo 31º.-Traballos de superior categoría.

En caso de que, por necesidades da empresa, un traballador fixera traballos de categoría superior,

percibirá o salario correspondente á categoría superior. Se pasados tres meses o traballador seguise realizando os mesmos traballos, poderá promover expediente de clasificación perante a autoridade correspondente.

Os traballos de carga e descarga, así como a repartición de mercadorías, considerarase traballo ordinario das categorías de chóferes, mozos e dependentes, debendo colaborar todos eles nelas segundo determine a dirección da empresa.

Artigo 32º.-Cláusula de adhesión ó AGA.

Ante a importancia que pode ter para a resolución pacífica dos conflictos laborais a elaboración do Acordo interprofesional galego sobre procedementos extraxudiciais de solución de conflictos colectivos de traballo (AGA), asinado entre a Confederación de Empresarios de Galicia e as organizacións sindicais CC.OO., UGT e CIG, as partes asinantes deste convenio, durante a súa vixencia, acordan someterse ás disposicións contidas no AGA nos propios termos en que están formuladas.

Disposicións transitorias

Primeira.-As partes acordan que a partir do 1 de xaneiro de 2002, as táboas salariais para comercio téxtil serán as que figuran no anexo II. Esta táboa igualaranse coa táboa salarial do anexo I en cinco tramos, conforme o seguinte procedemento:

Despois de aplicar á táboa do anexo II o incremento salarial pactado no convenio, sumaráselle ás categorías da táboa do anexo II que sexan inferiores ó convenio ó que se incorpora o resultado da seguinte fórmula:

1xcontía de diferencia que hai que igualar

Número de tramos que restan para o acercamento

En caso de que o resultado sexa inferior a 6,01 euros tomarase esta como cantidade de acercamento, excepto no último tramo que será a cantidade que corresponda.

O 1 de xaneiro de 2007, desaparecerá a táboa do anexo II e aplicarase a táboa xeral do convenio.

As categorías da táboa do anexo II das que o salario base sexa superior ás do anexo I, e ó obxecto de proceder á súa equiparación, o seu incremento salarial será equivalente ó IPC real de cada ano ata que se igualen coas da táboa xeral do convenio.

Para equipara-lo complemento de transporte do comercio téxtil (anexo II) aplicarase o mesmo procedemento que para a equiparación do salario base.

Segunda.-As partes acordan que a partir do 1 de xaneiro de 2002, as táboas salariais para comercio pel serán as que figuran no anexo III. Esta táboa igualarase coa táboa salarial do anexo I en seis tramos, conforme o seguinte procedemento:

Despois de aplicarlle á táboa do anexo III o incremento salarial pactado no convenio, sumaráselle ás

categorías da táboa do anexo III que sexan inferiores ó convenio ó que se incorpora o resultado da seguinte fórmula:

1xcontía de diferencia que hai que igualar

Número de tramos que restan para o acercamento

En caso de que o resultado sexa inferior a 6,01 euros tomarase esta como cantidade de acercamento, excepto no último tramo que será a cantidade que corresponda e que aplicará a 31 de decembro de 2006.

O 1 de xaneiro de 2007, desaparecerá a táboa do anexo III e aplicarase a táboa xeral do convenio.

Nas categorías da táboa do anexo III das que o salario base sexa superior ás do anexo I, e co obxecto de proceder á súa equiparación, o seu incremento salarial será equivalente ó IPC real de cada ano ata que se igualen coas da táboa xeral do convenio.

Para equipara-lo complemento de transporte do comercio pel (anexo III), este incrementarase en 3 euros cada ano. Esta revisión farase a 1 de xaneiro de cada ano. O 1 de xaneiro de 2007 aplicarase o complemento de transporte da táboa xeral do convenio.

Cláusula adicional.

As partes asinantes do convenio acordan reservar unha serie de materias sobre as que se establece expresamente que só poderán ser modificadas ou suprimidas co acordo da Asociación de Empresarios de Comercio Téxtil e as centrais sindicais asinantes do convenio. Tales materias son as seguintes:

-Vacacións.

-Xornada laboral.

-Antigüidade, no que se refire ó complemento de antigüidade inamovible (CAI), que manterá o mesmo réxime xurídico que ata o momento ten, ou sexa, a contía do CAI quedará conxelada entre tanto o traballador permaneza na empresa.

ANEXO I

Convenio de comercio vario da provincia

da Coruña

Táboas salariais de 2002

Categoría

Salario base

mensual

Cómputo anual

Director828,14 A12.422,10 A

Titulado grao superior828,14 A12.422,10 A

Xefe de persoal828,14 A12.422,10 A

Encargado xeral828,14 A12.422,10 A

Xefe de administración 828,14 A12.422,10 A

Xefe de vendas749,48 A11.242,20 A

Categoría

Salario base

mensual

Cómputo anual

Xefe de compras749,48 A11.242,20 A

Xefe de almacén749,48 A11.242,20 A

Xefe de sucursal749,48 A11.242,20 A

Xefe administrativo ou administración 2ª749,48 A11.242,20 A

Xefe de división735,94 A11.039,10 A

Escaparatista-decorador735,94 A11.039,10 A

Xefe de sección699,57 A10.493,55 A

Contable-caixeiro699,57 A10.493,55 A

Oficial administrativo699,57 A10.493,55 A

Xefe de grupo699,57 A10.493,55 A

Programador699,57 A10.493,55 A

Viaxante691,11 A10.366,65 A

Xefe taller/encargado establecemento691,11 A10.366,65 A

Dependente687,95 A10.319,25 A

Rotulista e cortador687,95 A10.319,25 A

Profesional de oficio de 1ª687,95 A10.319,25 A

Chófer camión687,95 A10.319,25 A

Titulado grao medio687,95 A10.319,25 A

Profesional de oficio de 2ª664,56 A9.968,40 A

Cobrador-conserxe664,56 A9.968,40 A

Vendedor-cobrador664,56 A9.968,40 A

Corredor de praza664,56 A9.968,40 A

Intérprete652,60 A9.789,00 A

Profesional de oficio de 3ª652,60 A9.789,00 A

Repoñedor-separador652,60 A9.789,00 A

Secretario-telefonista652,60 A9.789,00 A

Mozo especializado652,60 A9.789,00 A

Delineante642,48 A9.637,20 A

Auxiliar administrativo642,48 A9.637,20 A

Axudante629,52 A9.442,80 A

Axudante de cortador629,52 A9.442,80 A

Limpadora629,52 A9.442.80 A

Mozo, embalador629,52 A9.442,80 A

Auxiliar de caixa629,52 A9.442,80 A

Vixilante ou sereno629,52 A9.442,80 A

Traballadores contratados prácticas506,94 A7.604,10 A

Complemento de transporte67,58 A

Complemento de transporte día2,70 A

ANEXO II

Convenio téxtil

Táboas salariais 2002

Categoría

Mensual

Ano 2002

Anual

Ano 2002

Grupo I
-Persoal técnico titulado
Titulado grao superior833,18 A12.497,70 A
Titulado grao medio740,63 A11.109,45 A
Técnico sanitario648,18 A9.722,70 A
Axudante648,18 A9.722,70 A

Grupo II
-Persoal mercantil non titulado
Director907,16 A13.607,40 A
Xefe de división833,18 A12.497,70 A
Xefe persoal, xefe compras, xefe vendas e encargado xeral833,18 A12.497,70 A
Xefe de almacén746,64 A11.199,60 A
Xefe de grupo721,75 A10.826,25 A
Xefe de sección mercantil703,65 A10.554,75 A
Intérprete, viaxante e corredor de praza652,60 A9.789,00 A

Categoría

Mensual

Ano 2002

Anual

Ano 2002

Encargado establecemento, vendedor e comprador691,11 A10.366,65 A
Dependente641,22 A9.618,33 A
Dependente maior690,29 A10.354,35 A
Axudante555,69 A8.335,35 A

Grupo III
-Persoal administrativo, técnico non titulado
Director907,16 A13.607,40 A
Xefe de división833,18 A12.497,70 A
Xefe administrativo746,64 A11.199,60 A
Secretario e contable658,46 A9.786,90 A
Xefe de sección administrativa727,76 A10.926,40 A
-Persoal administrativo
Contable, caixeiro, taquim. idioma estranxeiro672,29 A10.084,35 A
Maq. contable, operador e oficial administrativo658,46 A9.876,90 A
Auxiliar administrativo ou perforista635,55 A9.533,25 A
Auxiliar de caixa585,37 A8.780,70 A

Grupo IV
-Persoal de servicios e actividades auxiliares
Xefe de sección de servicios721,75 A10.826,25 A
Debuxante e escaparatista695,42 A10.431,30 A
Axudante montaxe, delineante, rotulista e visitador570,38 A8.555,70 A
Cortador656,13 A9.841,95 A
Axudante cortador, xefe de taller e persoal oficio600,06 A9.000,90 A
Capataz, profesional oficio 2ª e 3ª, axudante, mozo especialista, telefonista e ascensorista589,98 A8.849,70 A
Mozo, empaquetadora e repasadora570,38 A8.551,20 A

Grupo V
-Persoal subalterno
Conserxe, cobrador, vixilante, porteiro, sereno e ordenanza570,38 A8.551,20 A
Persoal de limpeza con 18 anos ou máis559,98 A8.399,70 A
Persoal de limpeza por hora3,57 A
Complemento de transporte59,96 A

ANEXO III

Comercio pel

Táboas salariais de partida 2002

Categoría

Salario base

mensual

Cómputo anual

Axudante581,24 A8.718,60 A

Dependente603,45 A9.051,75 A

Dependente maior642,44 A9.636,60 A

Xefe de sección675,00 A10.125,00 A

Xefe de almacén779,83 A11.697,45 A

Xefe de sucursal779,83 A11.697,45 A

Encargado xeral890,14 A13.352,10 A

Encargado de compras e vendas716,48 A10.747,20 A

Mozo de almacén581,24 A8.718,60 A

Corredor de praza664,65 A9.969,75 A

Auxiliar de caixa603,79 A9.056,85 A

Contable caixeiro673,81 A10.107,15 A

Xefe administrativo826,06 A12.390,90 A

Oficial administrativo644,40 A9.666,00 A

Auxiliar administrativo583,40 A8.751,00 A

Escaparatista656,63 A9.849,45 A

Complemento de transporte43,13 A

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO,

MULLER E XUVENTUDE