Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Mércores, 09 de outubro de 2002 Páx. 14.519

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

DECRETO 287/2002, do 19 de setembro, polo que se desafecta do dominio público un inmoble, caseta de legoeiros, no p.k. 69,048 da estrada C-552.

A Comunidade Autónoma de Galicia, en virtude do Real decreto 3317/1982 (BOE nº 291, do 4 de decembro), modificado polo Real decreto 2708/1983, sobre transferencias de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de estradas (BOE nº 255, do 25 de outubro), integrou no seu patrimonio as casetas de legoeiros.

O artigo 10.1º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, sinala que cando os bens e dereitos non fosen necesarios para o cumprimento dos fins determinantes da súa afectación, cesará a súa natureza demanial e adquirirán a condición de patrimoniais, sen prexuízo, se é o caso, do dereito de reversión nos termos da lexislación de expropiación forzosa respecto daqueles bens adquiridos por este título. Neste sentido a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, que ten adscrito o ben, informou favorablemente a súa desafectación, ó non resultar necesaria para o servicio. Segundo o anterior foi tramitado pola Consellería de Economía e Facenda o expediente de desafectación do dominio público do ben de referencia.

Por todo isto, de conformidade coa proposta do conselleiro de Economía e Facenda e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dezanove de setembro de dous mil dous,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Desaféctase do dominio público o ben descrito a continuación:

Inmoble situado na avenida Benito Blanco Rajoy, 16, punto quilométrico 69,048 da estrada C-552, no municipio de Vimianzo (A Coruña); que ten unha superficie aproximada de 308 m. Sobre este predio construíuse unha caseta de legoeiro, cunha superficie aproximada de 198 m. Estrema: norte, herdeiros de Manuela Mouzo; sur, estrada C-552 A Coruña-Fisterra; leste, Enrique Espadín Romero; oeste, Banco Pastor e rúa Castelao.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Corcubión no tomo 847, libro 165, folio 141, predio nº 20.719, inscrición 1ª.

Artigo 2º

O inmoble anteriormente descrito adquire natureza patrimonial.

Santiago de Compostela, dezanove de setembro de dous mil dous.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda