Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Martes, 08 de outubro de 2002 Páx. 14.500

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CARBALLO

ANUNCIO.

Por Decreto da Alcaldía, do 30 de setembro de 2002, acordouse aprobar inicialmente o estudio de detalle por iniciativa de Pablo de Rábago Marín, que afecta a parcela situada na rúa Pedra Furada, cos seguintes lindes: norte, rúa Pedra Furada; sur, camiño Fonte Caldeira; leste, predio propiedade de herdeiros de Antonio Alexandre, e oeste, casa de Irineo Santiago Regueira; predio de César Ramón Rey Couto; predios de Ramiro Fernández Bermúdez; predios de María del Carmen Castro Busto e predio de María Luisa Bastón Iglesias.

Ó mesmo tempo sinálase a suspensión do outorgamento de licencias na área referida.

Durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da inserción do anuncio no Diario Oficial

de Galicia, poderá ser examinado o expediente por calquera persoa e formula-las alegacións que se consideren procedentes.

Carballo, 30 de setembro de 2002.

Manuel Varela Rey

Alcalde