Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Martes, 08 de outubro de 2002 Páx. 14.500

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 9 de setembro de 2002, da Área Provincial da Coruña, pola que se lles notifican as resolucións de contratos por falta de pagamento das vivendas (con solicitude de regularización) ós debedores que se relacionan (expediente C-136-CD/63, conta 689).

En cumprimento do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico

das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e ó amparo do artigo 30.1º do texto refundido de VPO, Real decreto 2960/1968, do 12 de novembro, e do artigo 138.1º do Regulamento de VPO, Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, notifícaselles ós interesados (cos datos e último domicilio coñecido, identificado polo nº de expediente e conta) que a continuación se relacionan, as resolucións dos contratos por falta de pagamento, con recibos pendentes que ascenden ás cantidades que se sinalan.

A resolución firme do contrato levará consigo a prohibición para contratar coa Administración nos termos previstos no Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xullo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse perante o conselleiro da CPTOPV recurso de alzada no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa recepción.

E para que así conste, expido, asino e selo esta cédula na Coruña, 9 de setembro de 2002.

Mª Teresa Morán Calero

Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

-Luisa Álvarez Fernández e herdeiros.

Expte. C-136-CD/63 (desafiuzamento F.P. 79/2001).

Conta 689.

Camelias, 24, portal 13-2º esquerda, Barrio das Flores (A Coruña).

Importe débeda: 499,20 euros.