Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Martes, 08 de outubro de 2002 Páx. 14.500

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 1 de outubro de 2002 pola que se anuncia o concurso de ideas, con intervención de xurado, para a realización dunha producción audiovisual que reflicta os aspectos básicos do traballo que realiza o Instituto Galego da Vivenda e Solo. (Expediente CX019).

1. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: realización dunha producción audiovisual.

2. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: artigo 216 do TRLCAP.

c) Forma: concurso de ideas.

3. Premio.

Adxudicación polo procedemento previsto no artigo 216.4º do TRLCAP dunha asistencia técnica para a realización de 3 vídeos que reflictan os aspectos básicos de traballo que realiza o IGVS.

4. Obtención das bases.

-Servicios centrais do IGVS; polígono das Fontiñas, Área Central, s/n, Santiago de Compostela.

Teléfono: 981 54 19 64.

-Tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación a través da Internet no enderezo: http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=1787.

5. Presentación dos traballos.

Os traballos, así como a documentación esixida no prego de bases, deberán ser presentados no rexistro da sede dos servicios centrais do IGVS (polígono das Fontiñas, Área Central, s/n, Santiago de Compostela), antes das 14 horas do vixésimo (20) día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. De coincidi-lo dito día en sábado ou festivo, o prazo para a presentación rematará o primeiro día hábil seguinte.

Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2002.

P.D. (Resolución 6-4-1995)

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego

da Vivenda e Solo