Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Martes, 08 de outubro de 2002 Páx. 14.499

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 1 de outubro de 2002 pola que se corrixen erros na do 23 de setembro de 2002 pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto e adxudicación por concurso con tramitación urxente, das obras que se citan. (Expediente CO-12-37-01-01 e cinco máis).

Advertido erro no texto da citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 187, do 27 de setembro de 2002,

DISPOÑO:

Primeiro.-Na páxina 14.186, epígrafe E) «Instalacións para a náutica recreativa e adecuación do contorno do río Miño en Tui», no punto 4, onde di: «Orzamento base de licitación. Importe total: 689.149,62 euros», debe decir: «Importe base de licitación: 698.149 euros».

Segundo.-Presentación de ofertas e das solicitudes de participación.

Data de presentación: o prazo de presentación de proposicións para esta obra: instalacións para a náutica recreativa e adecuación do contorno do río Miño en Tui, rematará ás doce horas do décimo terceiro día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, e o prazo de apertura de proposicións será ás doce horas do décimo día natural seguinte ó remate do prazo de presentación. En caso de que os devanditos días coincidan en sábado ou festivo, o prazo de admisión e apertura das proposicións será o día hábil seguinte.

Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2002.

Emilio García Gallego

Presidente do ente público Portos de Galicia