Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Martes, 08 de outubro de 2002 Páx. 14.498

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 5 de setembro de 2002 pola que se anuncia concurso aberto para a selección dunha oferta para a tramitación dunha concesión de ocupación de dominio público portuario con destino a instalacións de subministración de combustible a embarcacións no porto de Ribadeo. (Expediente 14-01-02-C-01).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: ente público Portos de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: área de explotación e planificación.

c) Número do expediente: clave 14-01-02-C-01.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: o obxecto do concurso é a selección dunha oferta para a tramitación dunha concesión administrativa para a ocupación dunha parcela de dominio público portuario destinada á

construcción e explotación de instalacións de subministración de combustible a embarcacións no porto de Ribadeo.

b) Lugar da concesión: Ribadeo, Lugo.

c) Prazo da concesión: quince (15) anos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Canon de explotación.

Importe total: o especificado no prego de bases.

5. Garantías.

Provisional: 2% do importe das obras que se van executar.

Definitiva: a especificada no prego de bases do concurso.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: ente público Portos de Galicia.

b) Domicilio: praza de Europa 5 A-6º (Área Central).

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15707.

d) Teléfono: 981 54 45 02.

e) Telefax: 981 54 52 02.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do solicitante.

8. Presentación de ofertas e das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de proposicións rematará ás catorce horas do cuadraxésimo quinto día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de que ese día coincida en sábado ou festivo, o prazo de admisión das proposicións rematará ás catorce horas do día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: segundo o indicado no prego de bases do concurso.

c) Lugar de presentación:

Entidade: ente público Portos de Galicia.

Domicilio: praza de Europa 5 A-6º (Área Central).

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15707.

d) Prazo durante o que o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: corenta e cinco (45) días desde a apertura das proposicións.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: ente público Portos de Galicia.

b) Domicilio: praza de Europa 5 A-6º (Área Central).

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15707.

d) Data: o décimo día natural seguinte ó do remate do prazo de presentación de ofertas. No caso de que ese día coincida en sábado ou festivo, a apertura realizarase o día hábil seguinte.

e) Hora: 9 horas.

10. Outras informacións.

11. Gastos dos anuncios: este anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 5 de setembro de 2002.

Emilio García Gallego

Presidente do ente público Portos de Galicia