Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Martes, 08 de outubro de 2002 Páx. 14.501

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

No BOP de Lugo do 5 de setembro de 2002, coas correccións publicadas nos BOP do 17 e 26 de setembro, publicáronse as convocatorias de prazas correspondentes á OEP do Concello de Lugo dos anos 1999, 2000 e 2001, referentes ó persoal funcionario e persoal laboral, tanto na quenda libre como na quenda de promoción interna.

Xunto coas convocatorias figuran as bases xerais que, en síntese, teñen o seguinte contido: 1. Obxecto, 2. Contido mínimo das bases específicas, 3. Contido mínimo das convocatorias, 4. Normativa de aplicación, 5. Publicidade, 6. Sistema selectivo, 7. Reserva especial para discapacitados, 8. Requisitos dos aspirantes, 9. Presentación de instancias, 10. Dereitos de exame, 11. Admisión de aspirantes, 12. Lista de admitidos; data e lugar de celebración das probas, 13. Tribunais cualificadores, 14. Modalidades das probas dos procedementos selectivos, 15. Programas, 16. Temario de materias comúns, 17. Desenvolvemento das probas, 18. Cualificación dos exercicios, 19. Relación de aprobados, 20. Presentación de documentos, 21. Nomeamento, toma de posesión ou contratación, 22. Período de prácticas ou curso selectivo, 23. Incompatibilidades, 24. Réxime de recursos, disposición derradeira.

Igualmente coa devandita convocatoria, publicáronse as bases específicas para cada unha das prazas, co contido, en síntese, é o que segue: 1. Obxecto, 2. Característica da praza, 3. Sistema selectivo, 4. Titulación esixida para o acceso á praza, 5. Solicitude de participación, 6. Probas selectivas, 7. Participación de aspirantes non españois, 8. Programa temario de materias específicas.

As prazas para o accceso a funcionarios de carreira, en quenda libre, son as seguintes:

-Tres prazas de arquitecto/a superior, unha delas correspondente á OEP de 1999 e as dúas restantes á de 2000.

-Unha praza de enxeñeiro/a de camiños, canais e portos, correspondente á OEP de 1999.

-Dúas prazas de analista programador, unha das correspondentes á OEP 2000 e a outra á de 2001.

-Unha praza de educador/a social, correspondente á OEP de 2000.

-Tres prazas de asistente social, dúas delas correspondentes á OEP de 2000 e a outra á de 2001.

-Unha praza de animador/a sociocultural, correspondente á OEP de 2000.

-Tres prazas de técnico de xardín de infancia, correspondentes á OEP de 2000.

-Unha praza de músico (trompa), correspondente á OEP de 2000.

-Unha praza de músico primeira parte (bomdardino), correspondente á OEP de 2000.

-Unha praza de músico primeira parte (saxofón alto), correspondente á OEP de 2000.

-Unha praza de músico segunda parte (percusión), correspondente á OEP de 2000.

-Unha praza de técnico de administración xeral (rama xurídica), correspondente á OEP de 2001.

-Tres prazas de técnico de administración xeral (rama económica), correspondentes á OEP de 2001.

-Dúas prazas de ordenanza, correspondentes á OEP de 2001; unha delas reservada a persoas con discapacidade superior ó 33%.

-Unha praza de enxeñeiro/a técnico industrial, correspondente á OEP de 2001.

-Cinco prazas de auxiliar de administración xeral, correspondentes á OEP de 2001.

-Unha praza de técnico medio de administración xeral, correspondente á OEP de 2001.

As prazas para funcionarios que se convocan, en quenda de promoción interna, son as seguintes:

-Unha praza de educador social, correspondente á OEP de 2000.

-Dúas prazas de asistente social, correspondentes á OEP de 2000.

-Unha praza de animador/a sociocultural correspondente á OEP de 2000.

-Tres prazas de técnico de xardín de infancia, correspondentes á OEP de 2000.

-Unha praza de músico (saxofón barítono), correspondente á OEP de 2000.

-Unha praza de músico primeira parte (trompa) correspondente á OEP de 2000.

-Unha praza de músico segunda parte (trompeta), correspondente á OEP de 2000.

-Unha praza de músico solista (frauta), correspondente á OEP de 2000.

-Cinco prazas de auxiliar de administración xeral, correspondente á OEP de 2001.

-Dúas prazas de ordenanza, correspondentes á OEP de 2001.

-Dúas prazas de técnico de administración xeral (rama económica), correspondente á OEP de 2001.

As prazas para o acceso a persoal laboral fixo obxecto dos procedementos que se convocan, en quenda libre, son as seguintes:

-Unha praza de oficial mecánico, correspondente á OEP de 2000.

-Unha praza de axudante de cociña e limpeza, correspondente á OEP de 2000.

-Unha praza de monitor de minorías étnicas, correspondente á OEP de 2000.

-Unha praza de peón de oficios, correspondente á OEP de 2000.

-Sete prazas de operario do servicio de augas, correspondente á OEP de 2000.

-Catro prazas de operario do cemiterio municipal, correspondentes á OEP de 2000; unha delas reservada a persoas con discapacidade superior ó 33%.

-Dúas prazas de celador de instalacións deportivas, correspondentes á OEP de 2000.

-Unha praza de oficial conductor palista, correspondente á OEP de 2001.

-Unha praza de oficial electricista, correspondentes á OEP de 2001.

-Unha praza de oficial conductor maquinista, correspondente á OEP de 2001.

As prazas que se convocan para persoal laboral, en quenda de promoción interna, son as seguintes:

-Unha praza de técnico de gabinete de normalización, correspondente á OEP de 2000.

-Unha praza de oficial conductor palista, correspondente á OEP de 2001.

-Unha praza de oficial electricista, correspondentes á OEP de 2001.

Lugo, 5 de setembro de 2002.

José Clemente López Orozco

Alcalde