Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Martes, 08 de outubro de 2002 Páx. 14.484

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (77/2002).

Eu, Jaime Balado Yáñez, secretario xudicial do Xulgado do Social número dous da Coruña, dou fe e testemuño de que en autos seguidos perante este Xulgado do Social número dous da Coruña, tramitados baixo o número 77/2002 por instancia de Mª Teresa Souto Suárez e outros contra Emp. Confecnor, S.A. e outros sobre salarios, dictouse a seguinte:

«Sentencia.-Na cidade da Coruña, 10 de setembro de 2002, Jorge Hay Alba, maxistrado-xuíz do Xulgado do Social número dous desta cidade, viu os presentes autos de xuízo número 77/2002, seguidos

por instancia de María Teresa Souto Suárez, Amalia Vieito Parga, María Isabel Gómez García, María Jesús Capelán Pazos, María Dolores Pena Calvete, María Mar Grela Calvete, María Rocío López Grela, Sonia María Pena Muíño, Herminia Capelán Pazos, María Jesús Viña Martínez, Edelmira Pato González e María del Pilar Abelleira Barrientos, maior de idade, asistido polo letrado Federico Novo Prego, intervindo o Fogasa, representado e asistido pola letrada Enma Pérez Díez del Corral; contra Empresa Confecnor, S.A., Norotex, S.A. e Confecciones Boga, S.L., que non compareceron en autos, sendo o obxecto da reclamación, salarios.

Seguen feitos e fundamentos de dereito.

Decido que estimando a demanda interposta polas actoras debo condenar e condeno as empresas Confecnor, S.A., Norotex, S.A. e Confecciones Boga, S.L. a que lles aboen ás actoras as seguintes cantidades: a María Teresa Souto Suárez, 2.357,97 euros; a Amalia Vieito Parga, 2.357,97 euros; a María Isabel Gómez García, 2.504,04 euros; a María Jesús Capelán Pazos, 2.357,97 euros; a María Dolores Pena Calvete, 2.504,04 euros; a María Mar Grela Calvete, 2.357,97 euros; a María Rocío López Grela, 2.357,97 euros, a Sonia María Pena Muíño, 2.504,04 euros; a Herminia Capelán Pazos, 2.357,97 euros; a María Jesús Viña Martínez, 2.357,97 euros; a Edelmira Pato González, 2.357,97 euros; e a María del Pilar Abelleira Barrientos, 1.773,69 euros.

Notifíqueselles esta resolución ás partes ás que se lles fará saber que contra a referida só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anunciándose ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentencia, e no propio termo se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá ó anuncialo entrega-lo xustificante acreditativo de consignación da cantidade obxecto da condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no BBV desta cidade co número de conta 5603 clave 60, facendo constar no ingreso o número do expediente.

E, así mesmo, deberá no momento de interpo-lo recurso consigna-la cantidade de 150,25 euros en concepto de depósito na clave 65 da citada conta e expediente.

Así, por esta miña sentencia definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación ás empresas Confecnor, S.A., Norotex, S.A. e Confecciones Boga, S.L. mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, que ten o seu enderezo descoñecido, expido e asino esta cédula na Coruña o 10 de setembro de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado