Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Martes, 08 de outubro de 2002 Páx. 14.483

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE VIVEIRO

CÉDULA de notificación de sentencia (185/2000).

No procedemento de referencia dictouse sentencia con encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

«Sentencia número 79/2001.

En Viveiro o vintenove de xuño de dous mil un.

Vistos por min, Marta Canales Gantes, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous desta localidade, os presentes autos de divorcio, seguidos perante este xulgado co número 185/2000, por instancia de María Dolores Soto Moreno, representada polo procurador Constantino Prieto Vázquez e baixo a dirección da letrada Ana Cristina Gómez Barrera, contra Eduardo Agustín Cometto Balaguer, en situación procesual de rebeldía; con intervención do Ministerio Fiscal.

Parte dispositiva.

Que estimando en parte a demanda interposta polo procurador Constantino Prieto Vázquez en nome e representación de María Dolores Soto Moreno, contra o seu esposo Eduardo Agustín Cometto Balaguer, debo declarar e declaro disolto por divorcio o matrimonio de ambos cónxuxes, con tódolos efectos legais inherentes á dita declaración. Acordando respecto dos seus bens a disolución do réxime económico matrimonial de gananciais, e as medidas definitivas seguintes:

-Outórgase a garda e custodia dos dous fillos menores, David e Abraham, á nai, e ostentarán os dous proxenitores a patria potestade compartida.

-Quedan para execución de sentencia as medidas relativas á fixación do réxime de visitas respecto dos menores a favor do pai, para o que será necesaria unha proposta deste que se valorará en atención ó principio de favor filii.

-E igualmente déixase para execución de sentencia o sinalamento da contribución que en concepto de

alimentos a favor dos fillos e con cargo ó pai se deberá fixar, así como a contribución por gastos extraordinarios destes.

-Atribúese o uso e desfrute da vivenda familiar á nai e fillos.

Estas medidas poderán ser modificadas cando se alteren substancialmente as circunstancias. Todo iso sen expresa declaración en canto ás custas causadas.

Esta sentencia producirá efectos a partir da súa firmeza, non prexudicando a terceiros de boa fe senón a partir da súa inscrición no Rexistro Civil.

Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber que non é firme e que contra dela poden interpor recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Lugo, no prazo dos cinco días seguintes á súa notificación, preparándose ante este mesmo xulgado con suxeición ós artigos 455 e seguintes da nova Lei de axuizamento civil. Sen prexuízo do disposto nos artigos 777 e concordantes da Lei de axuizamento civil de 1881, notifíqueselle esta sentencia ó cónxuxe rebelde de acordo co ordenado no artigo 769 da dita lei.

Firme esta resolución lévese a cabo a oportuna anotación no Rexistro Civil de Viveiro onde consta inscrito o matrimonio (tomo 37, folio 63, da sección segunda); e quedando nas actuacións certificación delas, inclúase a presente no libro de sentencias.

Así, por esta miña sentencia, da que se levará testemuño para a súa incorporación ós autos, pronúncioa, mándoa e asínoa. Marta Canales Gantes. Xuíza. Asinado. Rubricado».

E como consecuencia do paradoiro descoñecido do demandado Eduardo Agustín Cometto Balaguer, esténdese este edicto para que sirva de cédula de notificación.

Viveiro, 10 de xullo de 2001.

O/a secretario

Rubricado