Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Martes, 08 de outubro de 2002 Páx. 14.483

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO DEZ DA CORUÑA

CÉDULA de emprazamento (323/2002-EV).

Eu, Enriqueta Roel Penas, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número dez da Coruña, certifico que nos autos seguidos neste xulgado con número 323/2002-EV, por instancia de Margarita Abeal Carcía, representado pola procuradora Sra. Lodos Pazos contra Ramón Gantes Fraga, acordouse o emprazamento de Román Gantes Fraga, mediante a publicación da seguinte cédula de emprazamento.

En virtude do acordado polo maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número dez da Coruña e o seu partido, en resolución desta data, dimanante dos autos de separación contenciosa número 323/2002, seguidos por instancia de Margarita Abeal García, representada pola procuradora Sra. Lodos Pazos, por medio desta cédula emprázase

a Román Gantes Fraga, nacido en Lugo o día 23-8-1958 hijo de José Mª e Couselo co fin de que no prazo de vinte (20) días compareza en autos, representada polo procurador e defendida por letrado e conteste a demanda, prevíndoos de que en caso de non verificalo se dará por contestada a demanda e seguirá o curso dos autos na súa rebeldía, notificándolle as demais resolucións que recaian nos estrados deste xulgado.

E para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia expido este edicto que asino na Coruña o dous de setembro de dous mil dous.

A secretaria xudicial

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS

DE VIVEIRO