Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Martes, 08 de outubro de 2002 Páx. 14.485

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 6 de setembro de 2002, da Dirección Xeral de Tributos, polo que se relaciona a notificación de posta de manifesto de actuacións de expediente de afección de bens pendente de notificar e se empraza o interesado que se sinala para ser notificado por comparecencia (María Dolores Muíños Mosquera).

De conformidade co disposto no artigo 22 da Lei 1/1998, de dereitos e garantías do contribuínte, co obxecto de concede-lo debido trámite de audiencia, procédese á posta de manifesto de actuacións, despois de intentada a notificación persoal, e emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, diante do Servicio Central de Recadación desta Dirección Xeral de Tributos, con enderezo en San Caetano nº 3, soto, en horario das 9 ás 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 6 de setembro de 2002.

María Casais Mira

Directora xeral de Tributos

ANEXO

Suxeito pasivo: Ramón Veiga Rodríguez.

NIF: 35904578-Z.

Obrigado o pagamento: María Dolores Muíños Mosquera.

NIF: 44450238-R.

Importe: 167,85 euros.

Zona de recadación: Vigo.